- segunda parte: Montalegre
- terceira parte: Gerês
- cuarta parte: Barcelos
E adicamos por último un breve capítulo có que remataremos a nosa viaxe polo río Cávado á súa chegada ó Atlántico na foz de Esposende.
Junto da Marina. Rio Cávado, Esposende.
Fonte: www.panoramio.com
Fonte: www.panoramio.com
O Cávado remata a súa viaxe serenamente formando unha pequena ría de augas calmas xunto á vila de Esposende, 'um privilégio da natureza' que foi no seu tempo fortemente influenciado nos seus chalets estilo Arte Nova polo gusto brasileiro dos que tornaban ricos de alá, e que hoxe é destino turístico para as xentes do Porto que queren desfrutar duns días de descanso sen sofrer o rebumbio que se achega ata a Praia Redondela de Poboa de Varzim.
As praias ao norte, entre Esposende e Viana do Castelo, constitúen parte do Parque Natural do Litoral Norte, unha área protexida chea de piñeirais e dunas que para os amantes da natureza e dos (cada vez menos) espazos marinos non estragados pola man do home é un lugar de obrigada visita. Eu dou fe da miña coa segunda fotografía que se publica de Caralladas neste blog...
Mais non todo ía ser calma. Aquel día (hai xa bastantes meses, debeu ser a finais do pasado verán) a maior parte das vilas portuguesas estaban de festas e romarías varias. Cando chegamos a Viana do Castelo foinos caseque imposible entrar, e ata a vila máis pequena (coido que a da seguinte foto pode ser Mar, a carón de Esposende) estaba de celebración.
A estas alturas aínda non decidin se a casa que algún día mercarei en Portugal estará na Barragem da Caniçada ou á beira da Foz de Esposende. O que si teño claro é que será a carón do rio Cávado. Claro que tamén ten razón algún lector de nosquedaportugal cando nos recomendaba visitar as Açores e Madeira... Está claro, ata que non coñeza todo Portugal, mellor non firmar a hipoteca!
A nosa viaxe aquel día rematou en Viana...
... pero esa será outra historia, á beira do rio Lima, que igual contamos outravolta.
------------------
Máis información:
- Páxina de turismo: www.visitesposende.com
- www.esposende.com.pt
- Cámara Municipal de Esposende: www.cm-esposende.pt
- Parque Natural do Litoral Norte: www.visitportugal.com
...pois foi en agosto pasado que (tamén) estivemos en viana do castelo, coincidindo coas festas locais: había cortejo e depois fixeron tremer os bombos numa pequena praça da vila.
ResponderEliminartudo muito fermoso.
Ate pode que coincidíramos...
Saudaçoes.
..........Xosé Ramón
Ben Xosé Ramón, de seguro que se volve a pasar desta volta haberémonos de recoñecer!! ;-D
ResponderEliminar