23/04/10

A CORUÑA, 1926

Hai cousa dun par de meses atopei esta xoia do tempo, un video de Barcelona desde un tranvía, ano 1908. Coido que foi nalgún dos blogs que sigo a diario, pero agora non lembro cal, así que vos deixo a ligazón do youtube.




Ocorréuseme entón procurar algún video similar de Galiza ou Portugal, un incunable videográfico que puidera ser interesante pro blog, pero non atopei nada interesante. A maior parte dos videos eran collages de fotografías antigas.


Onte asistín na facultade de informática da UdC á primeira destas charlas:

Xornada sobre a sociedade 2.0 Fonte: http://renovarobng.blogaliza.org


Na mesma facultade onde centos de rapaces se apuntan para un botellón no centro que deu que falar, na charla de Berto Yáñez -creador de chuza.gl e membro do equipo de anavallasuiza, entre outras- os asistentes non chegabamos á ducia. O primeiro que pensei foi que esta xuventude non se entera ou anda parva de todo. Pero logo lembrei que cando eu estudiaba na facultade de economía de Santiago era fiel devoto do santo botellón mércores, xoves e festas de guardar, mentras que se me preguntades dalgunha charla non obrigatoria á que asistin por vontade propia... pois agora mesmo non me ven ninguna. Asi que supoño que todo sigue como sempre e hai cousas que nunca cambian.

Ou si. Porque nun dos proxectos de anavallasuiza, flocos.tv -web de videos e curtametraxes galegas que funciona tamén como rede social para a xente do audiovisual galego- podemos atopar un dos videos documentais máis antigos que se teñen rodado en Galiza, concretamente na Coruña en 1926. Moi poucas cousas non mudaron na Coruña en case 100 anos (a Torre, claro, máis o edificio do Banco Pastor -no seu día o rañaceos máis alto de España- e algunha outra cousa tamén), o resto está case irrecoñecible, como Sada (min 3), Riazor (min 4:30) ou o porto, có mar chegando ata o mesmo pé dos edificios (min 16).

Asi pois, finalmente din coa xoia do tempo que andaba procurando. Comentou Berto que só se poden atopar dúas copias: a orixinal, e a que podemos visionar en flocos.tv. Así que non deixedes de premer na ligazón e desfrutar:

flocos.tv - 'tranvias de la coruña'

2 comentários:

  1. Por certo, no video de Barcelona 1908 o cinema debía ser unha verdadeira novidade e a xente saudaba ó paso do tranvía. Algúns de xeito ben peculiar: fixádevos no minuto 5:05.

    Definitivamente, hai cousas que nunca cambian!

    ResponderEliminar
  2. sí señor gran vídeo!!!! xa o coñecía creo que saiu en microsiervos fai tempo, o da FIC era moi triste dicir ducia ... non chegaba a media ducia :( se desen un crédito de libre estaba cheo

    ResponderEliminar