14/04/10

BANDEIRAS

A semana pasada as relacións entre Galiza e Portugal eran portada nos informativos por mor desta noticia, supoño que coñecida por todos.


Protestas en Valença do Minho. Fonte: www.elpais.com


E un non pode deixar de pensar que van facer falla 100 blogs como nosquedaportugal e alemdominho a ver se así conseguimos que -cando menos nunha vila tan perto de nós como Valença, xa non pido máis- coñezan cáles son a bandeira e a língua, tan achegada á portuguesa, propias dese país veciño chamado Galiza que lle abre as portas ós seus servizos de urxencias.

2 comentários:

  1. Mozo, iso é algo que non comprendo. Nos medios portugueses mesmo escribían o topónimo tudense coa forma Tuy. Fodaspa! Tan difícil non é achegarse a coñecer Galicia. Xa antes da ponte se ven claros os indicadores que poñen TUI.

    No tocante ao ofrecimento do alcalde do centro de saúde, entereime pola RTP e o máis curioso é que desta vez nin traduciron nin lexendaron como viñan facendo ata agora, punto positivo. Falou en galego mesmo con castelanismos pouco comprensibles en Portugal.

    ResponderEliminar
  2. Pasando por aquí18/04/10, 19:27

    Unha proba máis de que os portugueses, en xeral, pasan de nós. E non me agrada, pero é así. En fin, para compensar, a ver como vai o estreo de Pradolongo por alí

    ResponderEliminar