Que mala pinta ten isto.
A este paso vou ter que cambiarlle o nome ó blog polo de 'xanonnosquedaninportugal'.
O peor é o pánico que está a provocar no mercado, síntoma de que Portugal está no punto de mira dos especuladores, o que pode ser anticipo de cousas peores. Como explican no audio nesta segunta ligazón, pensar que Portugal pode ter máis risco de default (impago) que a maioria dos paises de América Latina ou moitas dictaduras (Grecia, por exemplo, paga maiores diferenciais de débeda hoxendía que Iraq) semella absurdo, pero xa sabemos que 'el mercado nunca se equivoca'.
De momento Passos Coelho, lider da oposición, reclama unha reunión de urxencia có Primeiro Ministro Sócrates. Agardemos que sexa para buscar solucións de consenso e non para sacar peito do mal que van as cousas, como fan por outros lares.
A este paso vou ter que cambiarlle o nome ó blog polo de 'xanonnosquedaninportugal'.
Non tapes, que xa o sabe todo o mundo.
Fonte: dn.sapo.pt
Fonte: dn.sapo.pt
O peor é o pánico que está a provocar no mercado, síntoma de que Portugal está no punto de mira dos especuladores, o que pode ser anticipo de cousas peores. Como explican no audio nesta segunta ligazón, pensar que Portugal pode ter máis risco de default (impago) que a maioria dos paises de América Latina ou moitas dictaduras (Grecia, por exemplo, paga maiores diferenciais de débeda hoxendía que Iraq) semella absurdo, pero xa sabemos que 'el mercado nunca se equivoca'.
De momento Passos Coelho, lider da oposición, reclama unha reunión de urxencia có Primeiro Ministro Sócrates. Agardemos que sexa para buscar solucións de consenso e non para sacar peito do mal que van as cousas, como fan por outros lares.
A oposición Portuguesa é algo máis intelixente que a Española.
ResponderEliminar¿E a estas axencias que determinan a viabilidade dun estado, quen carallo as controla? ¿Que criterios usan?
ResponderEliminarEvidentemente foiseme a perola co nome do lider da oposición. Correxido.
ResponderEliminarXos, as axencias son 'independentes'. Qué criterios usan? Pois dende a queda de Lehman Brothers e as subprime os criterios están moi ben definidos: leña ós ratings de todo o mundo, que non nos volva pasar que quedemos co cú ó aire por calificar AAA un título que non valía nin como esterco.
Recomendable o artigo de Xavier Vence hoxe no xornal sobre este tema
ResponderEliminarPois si, magnifico Vence. Pego eiqui a ligazón: http://www.xornal.com/opinions/2010/04/28/Opinion/fera-fixose-co-latego-do-domador/2010042822574700185.html
ResponderEliminarEstaba eu pensando precisamente hoxe pola mañá algo así como "qué curioso, cando estourou a burbulla financeira todo era falar de regular os paraisos fiscais, as axencias de rating -que xa erraran con enron e parmalat, entre moitos outros, e agora outra vez- e os grandes bancos e o mercado de derivados e a especulación con posicións cortas, e, e, e...
... e resulta que non, que quen manda e a prensa ó seu servizo que nos dicta do que temos que falar e do que non dinnos que a culpa da crise é das caixas, da reforma laboral e da insostible débeda pública por mor das pensións.
Non é só que nos dicten os poderes fácticos o que queren que fagamos, o malo é que lles facemos caso e non falamos doutra cousa. Hai que voltar insistir ata o aburrimento, como fai Vence no seu artigo, en deixar ben claro quen son os responsables desta crise e quen debe pagar por ela.