Mostrar mensagens com a etiqueta letras galegas. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta letras galegas. Mostrar todas as mensagens

18/05/10

UN DÍA PARA ILUSIONARNOS A TODOS


Praza do Obradoiro o 17-M
Fonte: www.galiciahoxe.com


Son un dos centos de miles de galegos que non estivemos no Obradoiro o 17-M... pero quixeramos ter podido estar. Un deses centos de miles aos que o nacionalismo español ten agora a desfachatez de nos chamar dictadores. Eles a nós, manda truco.

Non o dubido, o decreto do nacionalismo español contra o galego sairá adiante, e durante un par de anos estará en vigor. Pero se a sociedade galega segue por este camiño, só serán eso, dous anos de pesadelo.

E digo máis: o que o galego precisa pra sair adiante non son máis normativas no ensino ou no comercio, o que precisa é da reacción de toda a sociedade, de todos e cada un de nós, na rúa, nos blogs, nas iniciativas culturais de todo tipo, na empresa, na lusofonía, na arte, no mundo, na vida...

E vendo estas fotos, no me cabe dúbida que iso é o que estamos a facer. Revivir a nosa língua entre todos. Ánimo e adiante.



p.d.: Por certo, alégrome de que finalmente os organizadores teñan escoitado as voces, entre elas a miña, que pedían que estas reivindicacións rematen no Obradoiro, que a Quintana -i en particular o seu 'funil' de entrada- non están preparados para estas cousas.

Agora só agardo que algún día escoiten esoutras voces -entre elas, por suposto a miña- que piden que os vindeiros actos se realicen en común por todas as plataformas desde un principio, acordando entre todos datas e demáis aspectos da organización. Na manifestación de onte nada que apuntar, o día era claro e a asistencia de todo tipo de organizacións, políticas ou non, de todos os espectros, deixa hoxe ó nacionalismo español máis só que nunca en Galiza.

17/05/10

UNHAS VERBAS DE UXÍO


Os que así nos tein
só tein noso os nosos nomes no censo,
que hasta o noso sudor sin alento pérdese na terra.

GALICIA, será a miña xeneración quen te salve?
Irei un día do Caurel a Compostela por terras libradas?

Non, a forza do noso amor non pode ser inútil!

Uxío Novoneyra.
'Elexías do Caurel e outros poemas'. 1966.


Uxío Novoneyra. Fonte: http://centros.edu.xunta.es


No día das nosas letras. No día de todos os galegos.