23/05/10

PAGA A PENA?

Hoxe non estou de moito ánimo.

Aprobado o decreto, non se pode dicir que motivase un cataclismo na sociedade. Nada que non agardáramos, pero non deixa de ser un feito constatable. Tan desesperados estamos, que esta semana algúns blogs galeguistas avogaban por aceptar a hipócrita oferta de pacto pola língua feita por Núñez Feijoo o 17-M. Axiña decatáronse da tomadura de pelo da que se trataba, cousa que outros xa viamos vir desde o principio.

O venres grabamos 3 videos en Seixo e Pontevedra para eufalo.tv. Agardamos podelos ofrecer en breve. Os 3 foron grabados con xente da xeneración de meus pais e meus avós que participaron entusiasmados. Hoxe, en cambio, intentamos gravar (por segunda vez) un video con xente xoven galegofalante da Coruña, organizado por conversas galegas. Xuntámonos catro persoas (outra vez), así que de novo, quedamos sen video. A xente xoven de lacoru 'te pasa del gallego, neno'.

Chego a casa, e comprobo que o blog recibíu nas últimas 24 horas a visita de 4 persoas. Coido que é o récord mínimo de visitas desde que o abrin, hai hoxe exactamente 11 meses.

Visitas diarias a alemdominho e nosquedaportugal
Fonte propia.

Si, ben o sei, hoxe fai un día de praia magnífico. Será iso.

Pero día de praia ou non, hoxe o portavións da Armada española atracado na Coruña recibiu a visita de milleiros de visitantes dispostos a aturar colas baixo un sol de xustiza, e ninguén alí se preguntaba: "non din que necesitamos austeridade pra sair da crise? eu ben que recortaba os gastos militares á metade antes que conxelarlle as pensións ós nosos vellos". Pero claro, se recortamos o inútil gasto militar e un día nos invaden os iraníes, quen nos vai defender dos infieis?. Todo por la patria.

Todo por la patria. Fonte: La Coz do día 23.05.2010


Paga a pena seguir loitando contra a marea dunha sociedade que non valora os seus sinais de identidade, lingua, territorio, cultura, futuro??? Paga a pena seguir loitando por mudar unha sociedade aparvada, desleigada, que 'pasa de todo'.

Eu empezo a estar un pouco canso. Hai dias que apetece pechar o blog, deixar todo, e ir vivir a Rio de Janeiro. Que lle den polo cú a un país que leva 500 anos autoodiándose.

Hoxe non estou de moito ánimo.

15 comentários:

  1. Estranxeiros na nosa propia terra, iso é o que somos. Non pretendo animarte porque eu tampouco estou animado, mais parabéns por te decatares.

    ResponderEliminar
  2. Claro que vale a pena seguir loitando, non sei se loitar pero seguir adiante cos ideais de cada un... madia leva! Loitamos por nós mesmos, cada un á sua maneira, seguramente teñamos puntos de vista diferentes, pero continua habendo moita xente que ama a nosa terra e a nosa cultura, historia e costumes, e moita tamen que ainda non se decatou que se necesita arrimar o hombro na procura de que non nos arrebaten o que temos.

    Un saudo

    Suso López

    ResponderEliminar
  3. Non te preocupes, xa virán días mellores.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Eu pasei toda a tarde cavilando e ao final conclúo que... si, paga a pena (pero non en altas doses). Estou moi decepcionado coa actitude de moitos dos nosos compañeiros de fatigas, agora máis que nunca é imprescindible facerse notar na rúa e nas actividades cívicas. Encher un día ao ano a praza da Quintana serve para demostrar que somos moi bonitos pero se non se acompaña dun activismo diario (do tipo que sexa) non haberá futuro nin froitos nin haberá nada. Ánimo.

    ResponderEliminar
  5. Se paga a pena? Pois homem, ou deixas de ser o que és...

    Se calhar, paga a pena mudar o enfoque... mental. Uma cousa é ir contra corrente e não cair no precipício e ainda avançar, e outra é pretender que a água cambie de sentido de avanço. Tu, nós, as nossas crianças, temos de viver a nossa vida ao nosso jeito conforme às estratégias que acharmos melhores em cada momento (estrategicamente hoje a unidade da língua é algo imprescindível). Afortunadamente a internacionalização de muita cousa que nos rodeia (Internet, universidades, UE, produção audiovisual, etc.) faz com que seja factível vivermos na nossa língua, e ser galegos na Galiza. Não é preciso ir para o Brasil nem para o Norte de Portugal, embora também são... estratégias.

    De resto, não podes pretender que aquilo que levou séculos construir (também por muitos galegos), o reino bubónico, seja politicamente desconstruído numa vida.

    Aliás, ainda é pior do que pensas [:-D]: no porta-aviões (e em cada fragata) há um camarote reservado para um cura do Corpo de Sacerdotes Castrenses do Exército, funcionários de carreira do grupo A que estão baixo o mando do Vicario Castrense, nomeado por El-Rei a proposta do Vaticano e que forma parte, junto do Chefes dos Exércitos de Terra, Ar e Armada, do Estado Maior; de acordo com as previsões dos Acordos com a Santa Sé de 1979, aprovados 3 dias depois da Constituição, mas que em realidade formavam um verdadeiro Anexo à mesma junto da Lei de Amnistia, tudo produto da famosa "transición".
    Atado e bem atado.

    Conselhos:
    - Compra uma parabólica e sintoniza canais lusófonos e não só.
    - Estuda uma carreira na tua língua: http://www.pglingua.org/index.php?option=com_content&view=article&id=2430:no-mes-de-junho-abre-o-prazo-de-inscricao-para-os-cursos-da-uab-na-galiza&catid=30:aglp&Itemid=88
    - Vota em partidos galegos ou portu-galegos.
    - Participa politicamente em tudo e diz o que queres e não o que crês que aqueles que querem que desapareças estariam dispostos a tolerar.
    - Aperfeiçoa o teu português (da Galiza) e o inglês [palavra de ordem: para ser colonizados, melhor que seja por profissionais] e usa-os para aceder a aquilo do que gostas sem passar pelo filtro espanholista.
    - Constrói o que queres em positivo com a normalidade de viveres num país normal e que os demais lhe vaiam dando às suas fílias e fóbias. Não dizem que o Reino é uma democracia? Pois actuemos como se fosse verdade. Sejamos cidadãos.

    ResponderEliminar
  6. Finalmente, despois de publicar o artigo o número de visitas pasou a 134 páxinas visitadas no día.

    Supoño que, despois de todo, aínda hai esperanza. Grazas a todos por estar ahi.

    ResponderEliminar
  7. Ola Sr caralladas.
    A idea de fondo é boa; hai que ter esperança; non é malo desiluir de cando em cando, ... para tomar novo impulso; a idea do vídeo das conversas é boa, pero se non sae e hai que re-matizala, re-matízase. Fica moito por andar: de ir em bicicleta aprendín uma coisa, as costas arriba ándanse melhor cando xa as conheces.
    Saúde.
    .....Xosé Ramón.
    PS: antes de fechar a loja, traspassa-se. hehehe

    ResponderEliminar
  8. Deduzo do cómputo que cando alguén segue a través do GoogleReader un blog, a súa visión non se conta no número de visitas.
    Ía facer un comentario para animar pero vendo que se elevou a cifra a 134 páxinas, que é moito máis do que terá nunca A profa, pois case que volvo ao meu blog a autoconsolarme. Saúdos.

    ResponderEliminar
  9. Pois o seu blog é ben coñecido, e ten algún seguidor (follower) máis que o meu, profa. Sorpréndeme que non teña esas visitas, pero si, as visitas o googlereader non contan, e tampouco coñezo xeito de computalo.

    Xosé Ramón, nosquedaportugal está aberto a colaboracións, especialmente nos eidos de cultura (música, literatura, arte...) e turismo. Asi que o que queirades publicar, enviade un correo a caralladas76@gmail.com e farase.

    ResponderEliminar
  10. Pasando por aquí24/05/10, 21:46

    Pero, ¿que vai facer? ¿Pechar o blog? ¿Falar castelán? ¿Animar á Roja? ...que pesadez,

    Pois vai ser que non, que esa decisión
    non mola, a de abandonar. Mesmo podes perder gran parte da fe, se queres, pero non abandones. Dentro de 20 ou 30 anos, a xente que fale galego (que haberá) poderá pensar se paga a pena seguir ou non. Se se sinten totalmente aillados ou continúan transmitindo, falando. Falo dos que para entón teñan 25, 30, 35 anos dentro dese tempo. Eles si que poden rendirse, pero ti non. Pero se cadra, a sociedade galega aínda non dixo a última palabra, e exista un espacio, non maioritario, pero si central para eles dentro dun par de décadas. Podería ser perfectamente posible, un espacio a partir do cal se pode recuperar a lingua e a dignidade. De feito, xa está pasando, xa está pasando.
    Non se rinda, oh!

    ResponderEliminar
  11. Pasando por aquí24/05/10, 21:52

    Por certo, o do par de décadas só é unha referencia a un futuro onde hai diversos escenarios posibles, pero que conste que o espacio central para o galego é agora, xa, hoxe, e mañán, e pasado mañán, e a derrotar a ignorancia tal que agora. Só é unha referencia a un momento futuro, para afastar calquera decisión de abandono. Que o fagan outros, se queren, que agora non é o momento de abandonar. Hai demasiadas posibilidades abertas no tempo actual como para facelo. Se teñen oportunidades o galés, o vasco... non vai ter o galego.

    ResponderEliminar
  12. Nunca choveu que non escampara.

    Adiante compañeiro, pouco a pouco pero seguido.

    ResponderEliminar
  13. 1dCompostela24/05/10, 23:23

    Da parte de um preguiceiro que o segue comodamente desde o seu "Reader", muito ânimo, que todos temos horas baixas, mais trabalhos coma o seu contribuem com algo de luz nesta nova noite de pedra.

    ResponderEliminar
  14. Sr. Caralladas, con permiso:
    Eu tamén pasaba por aquí, e permítome deixar unhas ligazóns.
    Non estamos sós, queda.......Brasil

    http://www.youtube.com/watch?v=9nf5RT1kSY4&feature=related

    http://www.youtube.com/watch?v=BwBbLBU6Im4&feature=related

    http://www.youtube.com/watch?v=Lw2WZoI7k80&NR=1

    unha aperta
    Bradomín

    ResponderEliminar
  15. A única batalla que se perde, é a que se abandona... ;)

    ResponderEliminar