20/05/10

DESAFINADO

Basta de economía e política xa no blog, home!!

Un pouco de paz, por favor...





Hai meses que quero adicarlle un artigo a 'desafinado', tema composto por Tom Jobim e Newton Mendonça que é probablemente un dos máis recoñecidos da bossa nova. Xa nalgunha ocasión o tiven que deixar para máis tarde por outros temas de actualidade, e a lista estase a facer cada vez máis longa, aínda temos que escoitar a Jorge Ben, a Seu Jorge (que llo prometín a Na Arousa hai moitos meses, non me esquezo!), a João Gilberto, Caetano Veloso, Maria Rita (a filla de Elis Regina de quen xa falamos) e a moitos outros. Tempo haberá.




A bossa nova naceu a mediados do século pasado como un xeito de tocar samba de xeito máis pausado, por exemplo para ser interpretado en ambientes pechados. Mais xa desde un principio os seus principais precursores (João Gilberto, Tom Jobim, Vinicius de Moraes, etc) buscaron influencias no jazz americano, dominante na escena internacional na primeira metade do século antes da eclosión do rock.

'Desafinado' é, sen dúbida, un dos temas máis recoñecidos da bossa onde máis se percebe esta influencia do jazz. O propio título e motivo argumental da canción mencionan que cantar 'fora de tono' non é antimusical, "é bossa nova, é muito natural".





No video anterior (xa publicado por certo en nosquedaportugal, no especial Gilberto Gil) tiñamos unha jam session improvisada por Gilberto Gil e Stevie Wonder. Mais o tema foi interpretado ou revisionado non só por eles, senón por infinidade de músicos brasileiros e internacionais, entre eles Stan Getz, Frank Sinatra ou Ella Fiztgerald, na versión en inglés por Jon Hendricks.





No youtube tedes ducias de versións máis, desde orixinais de João Gilberto e Tom Jobim a versións bastante prescindibles como a de George Michael (e non me estou a meter có cantante inglés, que ten unha voz espectacular, pero que versión mais ñoña fixo, por favor...). Eu déixovos coa letra de 'desafinado', e unha das miñas interpetacións favoritas, na voz de Gal Costa.


DESAFINADO

Se você disser que eu desafino amor
Saiba que isto em mim provoca imensa dor
Só privilegiados têm o ouvido igual ao seu
Eu possuo apenas o que Deus me deu

Se você insiste em classificar
Meu comportamento de anti-musical
Eu mesmo mentindo devo argumentar
Que isto é Bossa Nova, isto é muito natural

O que você não sabe nem sequer pressente
É que os desafinados também têm um coração
Fotografei você na minha Rolley-Flex
Revelou-se a sua enorme ingratidão

Só não poderá falar assim do meu amor
Este é o maior que você pode encontrar
Você com a sua música esqueceu o principal
Que no peito dos desafinados
No fundo do peito bate calado
Que no peito dos desafinados também bate um coração





(Se alguén quere recomendar algunha outra versión, ampliamos artigo!!)

2 comentários:

  1. Gostame o teu blog.
    O dia 24 de Xulho tes a unha das deusas da musica galegoportuguesa no Porto. Maria Bethania.
    Apertas

    ResponderEliminar
  2. A forza do noso amor
    non pode ser inútil

    E para ir quentando motores...

    http://www.youtube.com/watch?v=6REeZODH_BE

    A música é un bo xeito de canalizar toda esa enerxía, toda esa forza do noso amor.

    ResponderEliminar