Despois dun mes usando o Google Analytics, descubrimos que non só nos siguen desde Galiza. Temos seguidores en sitios como Funchal en Madeira, Milton Keynes e London en UK, Wroclaw en Polonia, Fortaleza no Brasil, Luxemburgo... Mención especial ó noso amigo de Funchal, que nos visita case a diario, e a Milton Keynes e Wroclaw, que tamén o fan asíduamente. Moitas grazas e un saúdo ós tres!!
A respecto das visitas ó blog Menos mal que nos queda Portugal, a maioría concentranse por suposto en Galiza (o 64% do total), pero tamén hai moitas desde Madrid (a segunda cidade en número de visitas por detrás da Coruña), Barcelona, Lisboa, Porto... e tamén algún 'despistao' que chegou a nós desde os USA, Arxentina, Letonia, Finlandia ou Liechtenstein!!
Moitas grazas a todos por estar ahi.

Visitas a Nosquedaportugal do 13.01 ó 12.02. Fonte: google.com/analytics
Por países, o 64% procede de Galiza e o 20% do resto do Estado. Un 8% visitounos neste último mes desde Portugal, e un 3,5% desde o Reino Unido.
En canto ao blog Alemdominho, onde periódicamente publicamos algúns dos artigos de Nosquedaportugal en portugués para tentar chegar coa nosa voz ó resto da lusofonía, o certo é que consegue só parcialmente os seus obxectivos: o 50% das visitas proceden de Portugal e Brasil, pero falamos dun total de apenas 140 visitas ó mes. Como veremos, o problema está en como dan có blog as nosas visitas.
Durante este mes os artigos 'Unha experiencia persoal' e 'Enxebrismo internacional' acadaron o récord de visitas do blog, grazas principalmente ó seu éxito en chuza.org e a ter sido publicados dous extractos de sendos artigos no Portal Galego de Língua. Acadaron conxuntamente máis de 1.000 visitas en 7 días. De todos xeitos, suliñar tamén que a entrada antiga que máis visitas continúa a ter de xeito frecuente é 'O Reino de Galiza por López Carreira', que recibíu case 100 visitas neste último mes malia ter sido publicado hai xa 3.

O portal de novas galegas www.chuza.org. Fonte: www.chuza.org
En canto á procedencia das visitas, o sitio chuza.org -onde grazas ós seus usuarios chegamos á capa xa nunhas 10 ocasións- nutre de máis visitas incluso que os que entran de xeito directo (30% vs 23%). O Facebook e o Portal Galego de Língua pola publicación daqueles artigos sobre o galego internacional tamén nutriron este mes de bastantes visitas (en torno ó 10%), pero en conxunto, a maioría das visitas (amén chuza e directas) proceden doutros blogs que frecuento e que desde aqui recomendo: el voto con botas, renovarobng, o café na trincheira, sihomesi, galizauberalles, a furada do trasno, feijoomente, o blog de Antón Losada, seioque, torrevixía ou a fiestra de masoucos, principalmente, aportaron en conxunto o 20%.
Comparativamente, como comentabamos o problema de Alemdominho é que non chega a ningún chuza brasileiro ou portugués (alguén coñece?), e os blogs portugueses ou brasileiros que visito, o certo é que por falta de tempo son de xeito bastante esporádico. Así, un 40% das visitas proceden de pesquisas en google e un 25% da propia páxina Nosquedaportugal, máis dos que ingresan directamente ó blog en portugués (un 20%). Apenas hai visitas de blogs ou redes sociais.
E por último, unha anécdota: Firefox arrasa no universo de navegadores de internet!! O 61% dos nosos lectores visitannos desde Firefox, e o 29% desde Internet Explorer. Google Chrome só ten unha cuota do 6% e o resto repártese un 4% do mercado. Alguén dixo oligopolio??

Sem comentários:
Enviar um comentário