(segunda parte da conversa con Antón Losada. Podes ler a primeira parte premendo aqui )
Caralladas: Os dous grandes temas, creo eu, deste ano no governo de Feijoo son o decreto do galego e o tema das caixas. Entón, sobre o decreto do galego a primeira que che vou facer non che compete a ti, pero quería saber a túa opinión: qué fai Anxo Lorenzo entre toda esta xente?
Antón Losada: El saberá.
C: En só unha palabra, como calificarías a actuación do governo de Feijoo sobre o decreto do galego.
AL: Incomprensible.
C: Esperamos que está a piques de sair a versión definitiva do decreto, xa non o borrador: cres que vai ter Feijoo a intelixencia de recuar disimuladamente neste asunto?
AL: É que non lle queda outra! É dicir, o que non tiña nin pés nin cabeza era a proposta anterior, era unha cousa completamente absurda. Agora imos volver ao modelo, a un decreto moi semellante ó último decreto da era Fraga.
C: Entón vai ser máis importante se se aplica realmente.
AL: Claro, pero ese era o problema xa antes. A conclusión que imos acabar sacando é: bueno, tanto lío pra esto, tanto 'jaleo' pra esto? Tanto poñernos nas portadas de todos os periódicos de Madrid baixándonos á segunda división das sociedades que impoñen idiomas e que persiguen á xente polo que fala, tanto arrastrar a imaxe de Galicia por todas partes, pra esto? Pra acabar dicindo que 50-50? Por exemplo o outro día en El Pais dicía Feijoo dúas cousas asombrosas: primeiro, "mi modelo es 50-50", segundo "la gente quiere que elija Educación, no los padres".
C: "La gente quiere..."?
AL: Que elixa a Consellería, joder!! Calquera pai cho dice!! "Joder non me meta neste lío!! Arréglelo usted, a min qué me conta!! Vou ir eu a unha reunión de pais, que xa son bastante coñazo, e meterne nunha polémica... anda e que tal!!" Pois un ano e pico de lío pra chegar a esas dúas brillantes conclusións...
C: Non, non vin esa entrevista.
AL: Si, si, bueno, esas son dúas frases realmente antolóxicas. "La gente quiere que elija Educación". Entonces eu creo que vai ter ese coste, un coste que vai ser moi amplio, esa sensación de "tanto lío para esto, nos llevó usted a tanto 'jaleo' para esto?".
C: E sobre o tema das caixas, despois de ler un artigo que escribiches en A Nosa Terra, "Quen quere a fusión?", mellor empezo polo final: cres que non vai haber fusión?
AL: (pensa) É que eu creo que é irrelevante, sinceramente. É dicir, eu creo que... non sei se a vai haber ou non, a día de hoxe creo que está complicado, e xa non depende de Feijoo, depende máis do governo central, porque se xoga cós tempos do recurso vaino poñer realmente moi difícil. Pero é un debate absolutamente ficticio, é dicir, a cuestión é que as nosas caixas, as dúas, van acabar integradas, en algún tipo de estructura de fóra, porque non temos nin tamaño, nin peso, nin solvencia pra sobrevivir, e o que tiñamos que estar é debatindo con quén e en qué condicións. E non seguir instalados no mito ese de la galleguidad y la solvencia. Entonces a min o tema da fusión sinceramente me parece a típica discusión que se da en Galicia, non sei se acordas unha escena de "El nombre de la rosa"...
... que estaban aló nun monasterio, pobreza, miseria, a punto de iniciar unha revolta, e dicen "nos hemos reunido aqui para discutir la capital cuestión de era o no Jesús dueño de las ropas que llevaba?". Pois aqui estamos un pouco igual. Todo o mundo sabe que imos a unha estratexia onde vai acabar habendo 3 ou 4 caixas en España. Entonces nós debiamos estar decidindo cómo y con quien, e tiñamos que ter un governo que nos dixera claramente cales son as opcións, e non que nos estivera contando este conto pra nenos de la galleguidad y la solvencia.
C: Tiven bastantes problemas para preparar esta parte da entrevista, porque cada dous días hai unha novidade: que si o manifesto 'Galicia ten dereito', a inconstitucionalidade da lei de caixas, o tema do FROB... van conseguir que marchen de puro aburrimento!
AL: Xa. É que hai unha sensación asi de que esto é un rollo que xa non o entende ninguén, e que ó final estamos metido nunha dinámica no que a Xunta quere sacar esto como sea... que eu creo que o obxectivo final está claro: crear unha entidade que sexa fusionable con Cajamadrid.
C: É que iso che quería preguntar, a qué está a xogar Feijoo? A eso?
AL: A eso. Igual que o Psoe está xogando a preservar unha parte do aforro galego para integralo noutro proxecto alternativo a Cajamadrid que é ese que dicen que se está estructurando en torno a Cajastur. E mentras o bloque falando da solvencia e da...
C: Queda lonxe entón aquela fotografía conxunta?
AL: Bueno! É que era un pouco rara...
C: Era un pouco rara, si. As caras de algúns eran un pouco sintomáticas, porque Pachi Vázquez miraba non sei pra onde...
Bueno, pois un pouco ata aqui o que foi o governo de Feijoo, e quería aproveitar rápidamente pra falar duns temiñas xa máis xerais. Por exemplo, imos atravesar tamén agora en marzo o ecuador da lexislatura no Parlamento do Estado entón, agora si que se pode prever que van agotar a lexislatura?

Algún vai perder o tren. Fonte: afuradadotrasno.blogspot.com
Bueno, pois un pouco ata aqui o que foi o governo de Feijoo, e quería aproveitar rápidamente pra falar duns temiñas xa máis xerais. Por exemplo, imos atravesar tamén agora en marzo o ecuador da lexislatura no Parlamento do Estado entón, agora si que se pode prever que van agotar a lexislatura?
AL: Si.
C: É que foi o debate, o run-run da primeira parte da lexislatura.
AL: Eu non teño ningunha dúbida deso, vamos. É que aparte, alguén entendería neste momento un anticipo electoral? Alguén que non fóra o Partido Popular e o entorno do Partido Popular? Có follón que temos, coa crise que temos, perder agora tres meses nunha campaña electoral? Eu creo que eso só o entende o Partido Popular, o resto da humanidade e o resto do país non o entendería nunca. Aparte que para o Psoe sería un suicidio.
C: Nos anos 80s importamos dous culebróns ben famosos, 'Dinastía' e 'Dallas', e aqui temos a nosa particular mistura, porque temos unha 'Dinastía' có noso particular Jr, Baltar Junior. Rematou o culebrón, ou non fixo máis que comenzar?

AL: Non, eu creo que eso foi probablemente o erro máis grave que ten cometido o señor Feijoo, e que se non o amaña lle pode acabar costando as eleccións. A fractura que se produxo no Partido Popular de Ourense, é dicir está roto, roto en dous bloques, e iso vai ter consecuencias. Se non se xenera digamos un pegamento que reestructure eso, se Feijoo non se ocupa deso, vai ter un coste moi importante.
C: Pero alá atrás cando fora da sucesión de Fraga, tamén aquel tema da boina e dos outros...
AL: Pero é diferente, é dicir, eu creo que os Baltar nunca viron en Fraga unha ameaza, con Feijoo si. Os Baltar aprenderon unha cousa: "vienen a por nosotros". Fraga era un tipo có que negociar, pero que nunca o percibiron como unha ameaza. Pero eu creo que eles son conscientes de que Feijoo fue a por ellos y no los mató porque...
C: i esto limítase exclusivamente a Ourense, non hai máis...?
AL: Eu creo que non. De momento non, Lugo está completamente desmontado... pero claro, Ourense é clave para o resultado das eleccións. Non olvidemos que Feijoo governa por un deputado. E a día de hoxe ten un problema grave en Ourense. Un problema semellante de desmovilización, de crítica, de desconfianza, moi semellante por outras razóns pero moi semellante, ó que desmovilizou a boa parte do Psoe na campaña das autonómicas, ou a que levou ao BNG a perder 40.000 votos na provincia da Coruña. Nas organizacións os problemas internos se acaban pagando. E neste momento hai unha parte moi importante do partido en Ourense que o percibe como unha ameaza.
C: Outro culebrón con anos de historia é o modelo frontista do BNG, e tamén facías varias reflexións nun artigo en El Pais o 3 de marzo, e sobre o BNG dicías "os resultados certifican que o modelo de organización frentista non da mais de si". Cal cres que é o modelo: escisión? Partido único?
AL: Partido único.
C: Pero é posible...?
AL: Non. Eu creo que agora mismo hai unha fronteira que son as vindeiras eleccións municipais, onde se os resultados son os que parecen, é dicir, un resultado malo para o nacionalismo, eu espero que a actual dirección faga o mesmo que fixo Quintana no seu día e asuma responsabilidades. E se non o fai, eu creo que unha parte do nacionalismo terá que plantexarse a súa continuidade dentro dun modelo frontista onde todo é falso: o asamblearismo é falso, a democracia interna é falsa, é todo teatro. Hai un control férreo, férreo, dunha organización que se chama UPG que é todo menos asamblearia, e que xoga precisamente cos costes de movilización do modelo asambleario para ter un control total.
C: Pero coñecendo un pouco o que é o BNG internamente, cres que é posible...
AL: Eu creo que hai unha parte de xente do BNG que se despois das municipais non hai signos de cambio, vaise ir directamente para casa aburrida e farta. Como xa nos fumos algúns.
C: Entón a seguinte pregunta xa non che digo, "que preves nas próximas eleccións municipais?"
AL: Eu creo que non van haber grandes cambios. O PP, bueno, supoño que recuperará parte do voto rural que perdeu nos anos do bipartito, pero non moito. Nas cidades vai seguir medrando, como xa medrou nas anteriores, pero non lle vai dar para governar moito máis do que xa governa.
C: Nas cidades non preves ningún cambio? Hai algún que están por nada, por exemplo Vigo.

AL: Pero hai un problema de espazo: non ten por onde medrar. É dicir, teríase que producir un desmoronamento do voto do BNG, i eu creo que non vai ocorrer. Vai ter unha baixada significativa, có cal supoño que se o anterior portavoz dimiteu porque se perdeu un deputado, a actual dirección, e non me refiro ó actual portavoz que todo o mundo sabe que non é quen manda, directamente que responda aquel que manda, que todos sabemos quen é. I eu creo que o Psoe vai aguantar, e vai aguantar a costa do BNG. Esa é a miña impresión.
C: Xa pra rematar, o meu blog fala un pouco de Galiza e Portugal, poñendo en común as realidades sociais, culturais, lingüísticas... Entón, dúas preguntas rapidisimas: Qué significou Portugal na túa vida, na vida de Antón Losada?
AL: Pra min moitos recordos moi agradables. Eu son un namorado de Lisboa, e Sintra e toda aquela zona. En xeral todos os recordos que teño de Portugal son moi positivos.
C: Segues a actualidade política de Portugal?
AL: Si, pero vamos, tampouco é unha cousa que me... me interesa máis a inglesa, sinceramente.
C: A inglesa?
AL: Si, si. Sei que sona un pouco raro, pero eu creo que Inglaterra é un barómetro político... Inglaterra políticamente vai quince ou vinte anos por diante. En todo, no debate sobre política e no debate sobre políticas. Outra cousa é que nos gusten os resultados. Pero con diferencia, é o país ó que hai que estar máis atento en términos políticos, porque é o máis dinámico, o que máis cambia... Todas as grandes revolucións políticas, todos os grandes instrumentos políticos que construiron o noso Estado do Benestar naceron alí, empezando por un modelo básico de National Health Service. E a contrarrevolución conservadora tivo alí unha peza fundamental...
C: E se van quince anos por diante, agora a que altura están?
AL: Pois neste momento están nunha situación complicada. Non olvides que hai un ano Gordon Brown estaba 20 puntos por debaixo de Cameron. Chegou a estar a un punto. E agora tiveron que sacar esta cousa, que a min me trae moitos recordos sobre su carácter, que si le grita a la gente o no, coa que eu me sinto moi identificado, para intentar que Cameron remontara nas enquisas. Entonces eu creo que Inglaterra é un pais fascinante. E hai que estar moi atentos o que pasa alí porque normalmente avanza cambios importantes. Se Cameron gaña as eleccións, o discurso có que gaña o Partido Conservador...
C: Mete medo, ou que?
AL: Non. Todo o contrario. Porque é unha mezcla... bueno, evidentemente como todo partido que aspira a governar xoga a unhas certas doses de ambigüidade. Pero por exemplo ten asumido teses do ecoloxismo que ata hai pouco tempo un partido conservador nunca tería asumido. En términos de gasto social non é o partido conservador de Margaret Thacher, nen moito menos. Manexa outro tipo de discurso. É dicir, é moi interesante. Están intentado construir unha 'terceira vía conservadora'. Entón eu creo que hai que seguilo con moito interese.
Gordon Brown e David Cameron. Fonte: www.telegraph.co.uk
C: Qué se pode facer desde Galiza para un maior coñecemento e unha maior integración coa economía portuguesa e coa realidade portuguesa.
AL: Eu creo que esa é unha das grandes oportunidades das que todo o mundo fala pero que ninguén leva feito nada realmente significativo para aproveitala. Eu creo que hai falta unha acción decidida por parte das Administracións, que fan sempre un discurso moi retórico da Irmandade portuguesa, da Eurorrexión e tal, pero que no fondo non...
C: ...non hai nada...
AL: ...si que hai, pero non o acaban de crer. Por unha razón moi sencilla: porque meterte nese 'tinglao' significa perder poder ti, porque tes que compartilo. É dicir, as decisións xa non as tomas ti sólo, non as toma a Xunta sólo, senón que tes que negociar con governos rexionais portugueses, co governo portugues, e a todos nos gusta mandar. Pero eu creo que é unha das grandes oportunidades que ten un mercado cara o que estamos de costas completamente.
C: E nas anteriores conversas con Manuel Lourenzo e con Antón Reixa que fixen non tiven tempo de facer esta pregunta, pero como sei que Antón Losada 'non se corta' con ningún tema, non quería pasala por alto. Qué che evoca esta palabra: reintegracionismo?
AL: Nada. De verdade, non.
C: (risas)
AL: Non me provoca ningunha...
C: Nin para ben nin para mal...
AL: Nin para ben nin para mal. Agora cando ma dixeches non me saeu nada, e agora pensando un pouco me parece unha posición, que eu non comparto, pero que está ben. Non a comparto, me parece que, bueno, eu veño doutra tradición, eu falo outro galego, eu son da Mariña de Lugo, eu falo o galego que falaba meu pai, que falaba meu avó, e non ten nada que ver con esto. Entón pra min é unha cousa extraña, agora non 'me pon nervioso', nin creo que haya que fumigarlos, ni echarlos de ningún lao...
C: (risas)
AL: Entendes? Me parece ben. Eu os entendo cando falan. Entón eu non pretendo impoñerlles a eles a miña fala, e o único que espero é que eles non pretendan impoñerme a min a súa, e se podemos atopar un punto de encontro...
Nom sabia eu que no galego da Marinha os pronomes fossem colocados antes do verbo... "me parece", "os entendo"...
ResponderEliminarDá por perdido o sistema financeiro galego?
ResponderEliminarMimadriña Antón, non tes costume de tomar cervexa cando che fan unha entrevista? Así lle foi ao bng. Eu non son reintegracionista entre outras cousas porque non teño os coñecementos suficientes para selo, pero que un profesor de universidade confunda a fala coa norma... manda carallo. E logo dicir que as caixas non teñen tamaño ni peso nin solvencia para sobrevivir pero si para escoller quen nos vai a comer, outra vez manda carallo. O peixe grande preguntándolle ao pequeno, oes, queres que te coma?. E si tan pouco democrático é o bng que carallo, outra vez, facías ti na parte do goberno que lle tocaba?. Xa para rematar, porque isto non paga a pena, algunha responsabilidade terán os asesores de campaña, que tanto no psoe coma no bng lucíronse o pasado marzo. Non foron capaces a desmontar nin unha soa das parvadas que lanzou o pp. Fose por falla de argumentos ou por optar por outra estratexia, o resultado foi que nun contexto de igualdade, as pequenas cousas foron decisivas. Quedounos cara de parvos. Agardo que non volvan contratar tales asesores. Isto non é ficticio, isto é o que penso.
ResponderEliminarPor certo, só outra cousiña, o pp de Ourense é forte por que acada bos resultados, aos baltar non lles queda máis remedio que seguir a apañar todo o carbón que poidan para botar á caldeira. Si non conseguen o carbón necesario ou o queren botar noutra caldeira acabóuselle o choio. Dicir que con Fraga negociaban..., si pero de que maneira, igual que agora. Por iso se coidan tanto, Roma non paga traidores, que é o que lle pasou a toñito.
ResponderEliminarNoraboa pola entrevista sr. Caralladas. :D
ResponderEliminarSó un apuntamento, e xa que nos ilustras con vídeos. O señor Francisco Rodríguez... non se vos parece ao bibliotecario do Nome da Rosa? ;-)
ResponderEliminarNon sei a quen te refires... pero non acho parecido con ningún deles. Mágoa me da, porque xa lle estaba empezando a sacar punta pra algún comentario...
ResponderEliminarPois o guardián do libro. Nono dicía no físico, ollo! :D
ResponderEliminar