19/02/10

PONTES Á LUSOFONÍA

Acaban de ver a luz moi recentemente en internet dúas interesantes novidades na mesma liña que propoñemos desde este blog: abrir Galiza ó universo da lusofonía, e dármonos tamén a coñecer alí.


* O pasado 8 de febreiro nacía Diario Liberdade, "portal anticapitalista de Galiza e os países lusófonos": www.diarioliberdade.info

Diario Liberdade. Fonte: www.diarioliberdade.info

Malia que a liña ideolóxica do xornal inspírame máis ben pouquiño, de seguro que pola relevancia que lle outorgan ás novas procedentes de Brasil, Portugal, Angola e a lusofonía en xeral, será unha fonte de información de moita valía para Nosquedaportugal e Alemdominho.

No portal convivirán os distintos padróns do galego-portugués, e contará con colaboradores de Galiza e dos demáis países da lusofonía. Todo o mundo está chamado a colaborar con artigos ou opinións, escribindo ó mail diarioliberdade@gmail.com


* Tamén en febreiro críase o Instituto Cultural Brasil-Galiza, organización de carácter binacional sen fins lucrativos. cuios obxectivos fundamentais son "promover o conhecimento mútuo entre o Brasil e a Galiza en todos os seus aspectos (cultural, econòmico, histórico e sócio-político) e promover o intercambio cultural, científico e empresarial entre ambos países".

Instituto cultural Brasil - Galiza. Fonte: http://icbg.edublogs.org


Podedes visitalos en internet no seu portal http://icbg.edublogs.org

Sem comentários:

Enviar um comentário