'Dezembro no Porto'. Fonte: cidadesurpreendente.blogspot.com/
Na procura en internet de información sobre Porto, fomos dar cun dos blogs de fotografía urbana máis fermosos que poidades ter visto: 'Porto, cidade surpreendente' -
cidadesurpreendente.blogspot.com.
Non deixedes de visitalo porque a calidade e a beleza das fotografías é espectacular, e permitiravos coñecer un pouco máis da maior cidade da eurorrexión Galiza - Norte de Portugal.
Neste mesmo blog o seu autor, Carlos Romao, consciente da dualidade tradición - modernidade, beleza - decadencia, que impregna case toda a xeografía lusa, convídanos tamén a visitar a outra face do Porto...
cidadesurpreendente.blogspot.com.
"Imagens e algumas palavras sobre o Porto, permeado de incursões ligeiras em territórios exteriores".
Non deixedes de visitalo porque a calidade e a beleza das fotografías é espectacular, e permitiravos coñecer un pouco máis da maior cidade da eurorrexión Galiza - Norte de Portugal.
Neste mesmo blog o seu autor, Carlos Romao, consciente da dualidade tradición - modernidade, beleza - decadencia, que impregna case toda a xeografía lusa, convídanos tamén a visitar a outra face do Porto...
'O Casario dos Guindais'. Fonte: outra-face.blogspot.com
... en 'Porto, cidade deprimente': outra-face.blogspot.com.
"A decadência urbana do Porto em imagens".
Dous blogs que a partir de agora se me antollan imprescindíbeis e que de seguro serán fonte no futuro dalgún outro artigo a maiores en Nosquedaportugal e Alemdominho.
Xeniais! Bo achádego.
ResponderEliminarVeño de ver a imaxe da escalada á Torre dos Clérigos no blogue "cidade surpreendente", espectacular. Nun filme documental recente, o portuense Manoel de Oliveira (moi admirado na Francia e descoñecido na España) comenta a primeira subida que el presenciou cando era un rapaz. O filme, que recomendo especialmente, chámase "Porto da minha infância".
Se teño que me decidir por un, eu escollo o segundo blogue, penso que é moi necesaria a autocrítica en imaxes!
Obrigado pela divulgação e um abraço galego do sul.
ResponderEliminar