01/02/10

ENXEBRISMO INTERNACIONAL

(ven do artigo anterior "Unha experiencia persoal")

Camiñando por Luxemburgo esa tarde coñecín un grupo de rapaces portugueses de Erasmus nalgunha universidade dalgún país do entorno (non lembro cal), e botei a tarde con eles falando galego-portugués. Con eles descubrín que algo de nós xa van coñecendo ("os galegos não querem ser espanhois, querem ser portugueses!!"), ou que un deles, un rapaz do Porto, dicía que na súa casa ás veces vían o Luar!!!!!

Gayoso, Mucha e Nucha, no Luar. Fonte: www.girlskissingtube.com/mucha/

E dicía o rapaz do Porto "quando fala a gente jovem não... mas a língua que falam os velhos da Galiza é portugués!!"

Non sería a última cousa que me sorprendeu en Luxemburgo. Camiño do aeroporto collín un taxi. No artigo anterior deixaba a pregunta no aire de se o método que se aplica no ensino cuatrilíngüe de Luxemburgo funciona. Pois ben, o taxista falaba luxemburgués, alemán, francés, inglés e italiano. O TAXISTA!! Pero se eu cós taxistas de Madrid case nin me entendía en castelán!! Curiosamente non falaba esa língua que disque sirve para andar por el mundo adelante que se chama español. "E portugués?" díxenlle, agora que sabía que alí falase moito. "Non, eu son fillo de italianos". Así que pedínlle que me falara en italiano que me tiña máis aquel, e así puiden chapurrearlle algo do pouco que aprendín en 6 meses na Escola de Idiomas.


Ó volver a Madrid decidín que non podía seguir así. Para porme ó día có francés apunteime nas clases que daba a empresa onde traballaba, e preguntei por clases de portugués. Curiosamente había pouco que decidiran dar clases porque comezaba a haber demanda (por Brasil, si, pero tamén por Portugal onde as multinacionais españolas estaban daquela entrando 'a trapo'). Pero primeiro tiña que facer unha proba de nivel, para ver en qué curso entraba...

Línguas do Mundo. Fonte: www.tocknock.com


Fixen a proba de nivel de portugués, que consistía dunha proba escrita e unha entrevista có profesor, quen ante o meu sotaque portugués 'de imitação' preguntábame unha e outra vez que para qué quería estudar eu portugués, se xa o falaba moi ben. "Pois porque nunca o estudiei. Estudei galego, pero non sei qué diferencias hai có portugués escrito e oral e quero estudalo".

Quince días despois recibín a chamada do profesor, para darme o resultado da proba:

- Mira, que te llamo para decirte que no tienes nivel para el curso de portugués.
- Cómo que no tengo nivel??? Pero si por hablar gallego ya podría entrar en un curso más avanzado!!
- No, no, si eso es lo que quiero decir. Que tienes ya un nivel superior a los que ofrece la empresa, no te puedo poner en clase con nadie.


I entón eu pensei: "tantos anos aturando a ideoloxía nacionalista española dicindo que galego e portugués 'no son lo mismo, que el gallego no sirve para nada...', e agora que as multinacionais españolas queren investir en Portugal ou Brasil, e precisan directivos españois que falen portugués, morrerían por ter un nivel similar ó que ten un galego que nunca estudou portugués".


Por iso agora cando escoito a palestra do Ecolíngua 2009 'A Esperanza da Lusofonía'


Ecolingua 2009: A esperanza da lusofonía from IGEA on Vimeo.


...non quero perder a ocasión de comentarvos a miñas experiencias persoais en Luxemburgo i en Madrid, que me abriron os ollos sobre a utilidade do galego no mundo. Simplemente, a máis dun hipócrita en Madrid (e por desgraza, en Galiza tamén, como demostra o cínico Jose Quiroga, Presidente da Cámara de Comercio de A Coruña) non lles interesa recoñecelo.


Da palestra do segundo profesor, o brasileiro Carlos Faraco, destacar que poderedes comprobar que a língua que fala é -como dí o representante da burguesía tardofranquista coruñesa-, prácticamente inintelixible para un galego. Miña nai, cómo se pode dicir que galego e brasileiro son línguas diferentes? Tamén destaco a mención que fai a que "multinacionais españolas como Santander e Telefónica subvencionan ó governo de Lula para que se ensine o español nas escolas do Brasil". Claro, como acabamos de ver, ós españois aprender portugués lévalles anos... só para acadar unha competencia inferior á dun galego. Así que prefiren subvencionar ós brasileiros pra que sexan eles os que estuden español.


Deixo para o último unha das mellores palestras que escoitei neste Ecolíngua 2009: a do profesor Fernando Venancio. Despois de comentar algunhas das cousas en común que comparten en exclusiva galego e portugués (o infinitivo flexionado, a 'resposta en eco', etc.) plantexa que o galego pode ser achegado lingüísticamente ó portugués baseandose na esencia propia do galego, isto é, recuperando usos do galego que se están a perder pero que no portugués están moi vivos.

Sería acometer para o galego o que el denomina 'enxebrismo internacional':

- "facer un levantamento das formas comums i exclusivas de galego e portugués", algo que está comezando a facer o profesor Venancio.
- "aproveitar as frequencias lexicais portuguesas. Por exemplo, usar menos cambiar, e máis mudar; menos empezar e máis comezar; menos quedar e usar máis ficar. Tudo isso é galego".
- "certas formas que neste momento son exclusivas do portugués e brasileiro, tambem fosem introducidas no uso do galego, não porque elas sejam galegas hoje, senon porque são galeguísimas na súa conformação, na súa etimología e conformação silábica".

"Sería un estimular do galego dándolle unha envergadura internacional. Procurar para o galego un enxebrismo internacional. A elaboração dum dicionário contrastivo galego - portugués ajudaría muito também".

Remata afirmando o profesor que xa estamos tardando en introducir algo que eiqui temos insistido mil veces: o ensino en portugués, e os medios de comunicación, libros, revistas, etc., portugueses en Galiza.

Oxalá non tarde.

6 comentários:

  1. Mecionou 'o professor' lá com aquela egrégia audiência algum pequenino detalhe sem muita importância relativo aos 'ñ', 'll' e hiper-abundantes 'x'? Ou havia oficialidade demais (em cantidade e qualidade)?

    Enfim. Grande primeira parte de entrada do blogue. O anedotário são pequenas pílulas de realiade muito saborosas.

    ResponderEliminar
  2. Moi bom caralladas moi bom concordo com vocè. O quiroga ise parece-me um boliburgués ou un sucursalista estúpido. Saudos

    ResponderEliminar
  3. Olá Caralladas,

    Sou o Miro Moman, o de Luxemburgo. Gostei imenso dos dous artigos. Resumindo um pouco, acho que davam para publica na imprensa. Foi mágoa não teres ficado em Luxemburgo. Já podiamos estar a montar um Centro Galego ;).

    Abraço,

    Miro

    ResponderEliminar
  4. Ostrás!! Esta sí que foi unha sorpresa inmensa!! Publicar un artigo, e que che resposte en comentarios o propio Moman!!

    Moitisimas grazas polos parabéns e por pasarte por eiqui a comentar. Que conste que coa ferramenta do google analytics vin que recentemente entrara alguén desde Luxemburgo, pero nunca pensei que puideras ser ti mesmo! :-D

    Foi unha mágoa, si, non ter conseguido aquel posto. Era unha oportunidade magnífica pero non houbo sorte. Pero bueno, máis oportunidades irá dando a vida, e desde logo ensinoume unha grande lección que nestes artigos quixen compartir con todos e alégrome de ver que gustaran tanto.

    Saúdos a todos.

    ResponderEliminar
  5. E grazas a ti, Miro, (case se me esquece!!) por esa magnífica palestra dun modelo educativo que coido deberíamos empezar a divulgalo máis por estes lares. Non podemos renunciar a un modelo semellante para Galiza, aínda que polo momento sexa só como utopía.

    Abraço.

    ResponderEliminar
  6. Utopía das grandes, e como todas desexable. O do portugues no sistema educativo hoxe por hoxe esta complicado, como xa expliquei o entrar como segunda lingua, porén non imposible. Se insistimos terán que acabar creando prazas de portugues como primeira lingua.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar