03/08/09

INSOPORTABLE

Síntoo. Tiña intención de politizar o mínimo este blog. Tiña intención de falar esta semana da Santa Compaña e a Moura Encantada; de Rio de Janeiro; da Bossa Nova de Elis Regina, das contas (que non me saen) do Banco Pastor...

Pero é que non o aturo máis.

A guerra aberta que nos está a facer (lingua, nacionalismo, medio ambiente, economía...) o des-governo de Feijóo có apoio mediático e ideolóxico de La Coz é insoportable.

- Unha enquisa-pretexto pra rematar coa recuperación da lingua, enquisa sesgada abertamente á participación dos colexios privados (de papá, o sea, muy galleguistas ellos). Enquisa cun 58% de participación que queren facernos crer que é "alta" porque nunhas eleccións sería un rexistro aceptable, cando nunhas eleccións o voto é VOLUNTARIO, mentras que a inscripción dun fillo no colexio é algo que tes que facer SÍ OU SÍ, e un 42% dos que o fixeron en xuño elexiron usar a folla da enquisa pra limpar o cú con ela.

- Nacionalismo: empregando o altofalante de La Coz pra difamar día sí e día tamén ó bng e o galeguismo do psoe; insultando á memoria de Castelao dicindo que Castelao afirmaba "Galicia es una región" e que están de acordo có seu discurso "ó 90 ou 100%". O mesmo Castelao que dixo "que diríamos se o Estado destrúe o Portico da Gloria? Pois a nosa lingua é un patrimonio 1.000 veces máis importante que a obra do Mestre Mateo". E os mesmos que a atacan e que din que "el gallego es historia" (o que se escribe nese artigo é digno do Partido Nazi) lévanlle flores o 25-X.

- Medio ambiente: "Cabo Touriñán bien vale un puesto de trabajo". O seu discurso populista é tan vergoñento que non teñen problema en utilizar a principal preocupación da xente (o paro) para xustificar a destrucción da nosa costa en beneficio dos seus amigos (íntimos) de Pescanova.

- E se de Economía falamos, xa non me meto nin co Audi, nin coas cadeiras, nin có custo da puta enquisa que superaba o "despilfarro" do Audi con creces... Vou directamente ó meollo do asunto: Sen Fenosa, Fadesa, Autopistas-del-Atlántico... agora asistimos pasmados á confirmación de que CajaMadrid e CaixaGalicia están a negociar a súa integración -da cal xa sabemos quen vai sair perdendo-, e o governo galego dí "non ter unha posición ó respecto" (Feijóo dixit).

No tema das caixas xoga en favor que o des-governo busca ante todo medidas populistas, e os galegos opoñeríanse a esta fusión case na súa totalidade. Pero como pra fiarse da raposa coidando das galiñas. Isto ten toda a pinta de ir camiño de rematar moi moi mal. Cren que unha victoria, que por inesperada non foi menos pírrica (un escano polos pelos), lles dá dereito a facer con nós, coa nosa lingua, a nosa cultura, a nosa terra e a nosa economía, o que lles peta. Hai que pararlles os pés antes de que sexa demasiado tarde!! O Prestige foi un chiste comparado có que está argallando, á vista de todos e impunemente, a dereita española. Se entón toda Galiza saíu ás rúas, desta volta non podemos ficar pasmados. Hai que sair ás rúas. Hai que parar este des-governo. Hai que convocar unha folga xeral, o que sexa, CÓ APOIO DE TODOS, psoe, bng e tódolos partidos, sindicatos, organizacións, hai que para-los XA!!.

2 comentários:

  1. Ten vostede razón. Non é a minha intención comentar todo o post. Somente decir que facía unha longa tempada que non lía o exemplar en papel de La Coz, pero por desgracia ese día que publicou a enquisa, atopeuno enriba dunha mesa dun bar e quedei abraiado polo nivel sectario de que fai gala. Así que, como vostede dí o principio, falemos de Elis, de Caetano, de Vinicius e, por descontado, de Tom Jobim. A musica do Brasil é a miña relixión, e Jobim o seu profeta.

    ResponderEliminar
  2. Um, Danadinho, véxolle a vostede posto no tema... Esta semana falaremos de Elis, pero calqueira recomendación dos lectores sobre Jobim, Vinicius ou Caetano "é muito bemvida!".

    Obrigado.

    ResponderEliminar