Unha idea que tentarei seguir de agora en diante será iniciar a semana cun artigo de prensa ao meu entender o máis representativo, interesante ou salientable da semana anterior.
Así, esta semana a nova seleccionada é esta:
A XUNTA DEROGA O DECRETO EÓLICO.
Hai que recoñece-lo. Os do pepé son máis listos que ninguén. Al César lo que es del César:
Se queres deixar algo feito, déixao atado e ben atado. Mira tí o que fixo o pepé có Gaiás: miles de millóns tirados ó lixo, pero velaí está, á vista de todos, a ver quén é o ghuapo aghora que o bota abaixo. Así que durante catro anos foi unha dor de cabeza para psoe-bng sen fin.
En cambio, para resolver o decreto eólico agardouse ata ás portas da pre-campaña electoral, así que hoxe o pepé non ten máis que dicir que o reparto é papel mollado porque, certamente, dos futuros parques eólicos o único palpable que hai hoxendía é a lei aprobada. Nada máis.
Así, agora os "defensores do tecido productivo galego", esa xente tan atenta que vende un audi pra mercar un citroën francés e así poder dicir que "haremos lo que haga falta por la industria gallega", poden botar abaixo ó maior reparto de riqueza ás empresas galegas que se ten feito na historia do noso País, e devolverlle como se merece a palmadiña no lombo que lle dá na foto o presidente de Iberdrola a Albertito.
E en defensa da liberdade e da propiedade privada establecida na Constitución e violada polo malvado decreto. Non o esquezas.
ResponderEliminarUn saudo.
A ver se vai ser verdá que eres o auténtico federico... :-D
ResponderEliminar