04/05/10

PERPÉTUO PRESENTE

"Neste tempo sen memoria, perpetuo presente, só cabe a novidade e todo é espectáculo".

- Suso de Toro, en artigo en El País.


Porque "do mesmo modo que desapareceu o cidadán coas súa carga de responsabilidades, dereitos e deberes e foi suplantado polo consumidor nihilista, desapareceu tamén a xerarquía de valores, e a cultural e artística. Xa non aceptamos a autoridade e todos decidimos numericamente que cousa é a arte".

Porque perdeu "a ilusión polas angueiras ás que se teñen dedicado até ese momento".

Porque "a España democrática reconfigurouse sobre o mesmo nacionalismo españolista, o integrismo identitario: os españois son os que falan castelán. A xenofobia explícita e implícita dos media madrileños é un escándalo: hoxe o éxito de Andrés Dobarro sería absolutamente imposíbel".

Porque "cando se nos critica aos escritores galegos por permitir que se editen os nosos libros en castelán o que se pretende é ternos encerrados. A miseria interiorizada pola nosa cultura crea unha policía política que persegue a nosa pureza".

Porque "A vida institucional da cultura galega é aborrecida e resesa como hai 30 anos, mais fóra de aí hai hoxe moita xente de distintas xerazóns a escribir de xeitos distintos: nunca a literatura galega foi tan diversa. E, sobre todo, hai unha creatividade que se expresa de moitos outros modos, e se non, ollen na Rede".


O escritor galego Suso de Toro nunha presentación do seu libro 'Outra Galiza', hai dous anos.
Fonte: www.laregion.es


Porque, en fin, "todo cansa", Suso de Toro anuncia que deixa de escribir profesionalmente.

Coa esperanza de que, igual que o tempo e os golpes que hai que aturar acaban cansando, o paso dese mesmo tempo e a simpatía dos que lle apreciamos acaben por facerche cambiar de opinión, enviarche desde aqui Suso unhas palabras de ánimo e apoio nunha decisión que, por persoal, merece todo o respeto. Pero nós nunca perderemos a esperanza de que retornes!

03/05/10

BANCO SANTANDER EN BRASIL

Banco Santander é actualmente o maior banco do mundo por beneficios. A qué credes que se debe? Á fichaxe de Fernando Alonso?

"Tranquilo Fernando, diremos que ha sido cosa tuya"
Fonte: www.cadenaser.com


A semana pasada Santander publicou os seus resultados, 2.215 millóns de euros de beneficio total do grupo no primeiro trimestre de 2010. Un 5,7% máis que un ano antes, cando obtivera 120 millóns de euros menos.

Nese mesmo periodo, os resultados de Santander Brasil foron de 1.700 millóns de reais (aprox. 700 millóns de euros, máis do doble que un ano antes, cando obtivo 832 millóns de reais), có que Brasil representa xa o 30% dos resultados do grupo que preside Emilio Botín. Ademáis, non só o incremento nos beneficios do banco español debeuse íntegramente a Brasil, senón que houbera caído máis de 200 millóns de euros, apróximadamente un 10%, de non ser por iso.

01/05/10

UN ANO DE CONVERSAS

O pasado mes de Abril cumplíuse o cabodano das Conversas Galegas na Coruña, unha iniciativa das moitas (blogs, plataformas, páxinas web, ecolingua, achegarte, publicacións, etc etc) que xurdiron nos últimos tempos como reivindicación en positivo da nosa língua e da nosa cultura. Unha iniciativa dun grupo de rapaces da Coruña có obxectivo de favorecer o uso do galego, demostrar a súa utilidade social, rachar barreiras emocionais que impiden aínda moitas veces o seu uso público na Coruña e fomentar entre os falantes de galego que se incorporen, así como entre os neofalantes, optimismo e reafirmación.

Desde aqui vos convidamos novamente a aqueles que vivades na Coruña a pasarvos polo bar Matthews (Praza da Galera, A Coruña) todos os sábados a partir das 18:30, como xa facemos moitos habitualmente. E aos que vivades noutras vilas, especialmente naquelas onde parece que máis custa que o galego saia á rúa, invitarvos a que deseñedes as vosas propias iniciativas, como esta das conversas ou calquer outra que queirades compartir con nós, polo ben da nosa cultura.


Unha de tantas conversas galegas n'A Coruña.
Fonte: conversasgalegas.blogspot.com


E como os aniversarios de nosquedaportugal e alemdominho están tamén xa moi próximos, e como circula pola rede outra iniciativa que tanto a Diego (Conversas galegas) como a David (Caralladas, isto é, eu) nos parece moi interesante, pois xa estamos argallando a nosa próxima 'falcatruada' conxunta.

Xa vos iremos contando...