13/02/10

ZÉLIA DUNCAN, 'PELO SABOR DO GESTO'

"Pelo sabor do gesto":

01 - Boas razões (De bonnes raisons)
02 - Todos os verbos
03 - Telhados de Paris
04 - Tudo sobre você
05 - Sinto encanto
06 - Pelo sabor do gesto (As-tu déjà aimé?)
07 - Ambição
08 - Esporte fino confortável
09 - Os dentes brancos do mundo
10 - Se eu fosse
11 - Aberto
12 - Se um dia me quiseres
13 - Duas namoradas
14 - Nem tudo



Non quería pasar por alto estas datas onde todo o Brasil está a vivir a súa festa máis internacional sen lembrarme deles, así que ademáis do seu Carnaval, e aproveitando que algún 'anónimo' deixou en comentarios unha recomendación sobre a gran Zélia Duncan, velai vai unha invitación a escoitar o disco máis recente da cantautora brasileira, "Pelo sabor do gesto", publicado a finais de 2009.


Zélia Duncan - 'Pelo sabor do gesto'
(directo no teatro 'Espaço Tom Jobim' de Rio de Janeiro, en outubro de 2009):




Podedes escoitar algún adianto máis do álbum (grande 'Tudo sobre voçé'!) no site oficial da artista, www2.uol.com.br/zeliaduncan, e tamén pesquisando no youtube, onde está colgado boa parte do disco. No calendario de concertos á vista non hai de momento ningún en Galiza ou Portugal... pero non perdamos a esperanza!!

Para quen teña interese de ir máis aló, podedes principiar polo seu primeiro álbum coa Warner, "Zélia Duncan" de 1994, con xoias como 'Catedral', 'Sentidos' ou 'Não vá ainda':



(adicado a Miguel)

2 comentários:

  1. quedouche ben bonito o post da Zelia. Graciñas pola dedicatoria

    ResponderEliminar
  2. jajaja bonita camiseta!! "Miguel Public Enemy", e ti que o dighas.

    (p.d.: tas sen barquinho, meu!!)

    ResponderEliminar