14/12/09

ESPAÑA FEDERAL

Vivimos momentos de auténtica radicalización dos discursos políticos, en Galiza e a nivel do Estado. Organizacións que lle reclaman ó Governo que, "en nombre de la libertad", suprima a distinción entre rexións e nacionalidades, así como suprimir o artigo 3.3 da Constitución: "La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección". E fronte á actitude desta deriva nacionalista españolista, a resposta do nacionalismo independentista catalán organizando unha serie de referendums en case 200 concellos do seu país.

A nova que quero salientar da semana pasada é a enquisa publicada no xornal El Pais, www.elpais.com/Constitucion/necesita/cambios, con motivo do 31 aniversario da aprobación da Carta Magna. Nesa enquisa preguntaban se o cidadán considera que a Constitución precisa de cambios. I efectivamente, os resultados da enquisa demostran que a estratexia habitual do PP, "la constitución no se toca", non ten credibilidade, xa que 8 de cada 10 españois consideran que debe ser reformada.

Porén, cando comprobamos qué cambiarían os españois da Constitución i en qué dirección, entón a deriva nacionalista española mete moito medo: a maioría quere que se suprima a distinción entre nacionalidades e rexións, o 79% non recoñece a Catalunya como nación (o 46% en Catalunya, un abafante 86% no resto do Estado), o 70% quere que se regule o uso das linguas cooficiais, coa intención de permitir que cidadáns do resto do Estado poidan vivir en Galiza, Catalunya i Euskadi alleos á nosa realidade lingüística, e o 48% blindaría as competencias do Estado para impedir máis transferencias ás CCAA. En cambio, ese invento macabeo chamado 'Monarquía Parlamentaria' é defendido polo 66% dos españois como o seu réxime político preferido.

Manifestación en Madrid pola III República, o pasado 6 de nadal.
Fonte: http://larepublica.es


Neste contexto tan preocupante, unha serie de intelectuais e organizacións publican o 'Manifesto España Federal', que podedes consultar na web www.espanafederal.es

"O proxecto de impoñer un estado centralizado en España fracasou ó longo da súa historia. O Estado unitario e centralista demostrou ser ineficaz e inviable para governar a España plural. Urxe unha reforma constitucional que:

i) recoñeza as identidades diversas que coexisten en España, fortalecendo todo o seu potencial cultural, lingüístico e simbólico.
ii) garanta o plurilingüísmo e a igualdade plena das línguas oficiais do Estado nos seus ámbitos de competencia.
(....)
vi) estableza a representación da pluralidade de España na composición das súas principais institucións.
vii) autonomía financieira e corresponsabilidade fiscal dos distintos niveis de governo".


Organizado pola Fundació Catalunya Segle XXI e outras entidades do Estado, a nivel galego está representado pola Fundación Iniciativas 21, ligada ó PSdG. Coido que o nacionalismo galego non debería repetir o erro do seu posicionamento diante do Estatuto da Aldraxe, e adoptar unha postura posibilista: apoiar este e calquer manifesto pola construcción dunha auténtica España Federal onde o galego teña a mesma consideración que o castelán (cousa que hoxe non ten), e onde a definición de Galiza como nación dentro do Estado español sexa unívoca e inequívoca.

E compre facelo e sumar esforzos, máis que nunca, ante a deriva nacionalista españolista que estamos a vivir nos últimos tempos. Podes dar o teu apoio ó manifesto asinándoo na web www.espanafederal.es.

3 comentários:

  1. Uf, uf, uf... Eu respódolle outro día! xD

    ResponderEliminar
  2. Hoxe tamén artigo en Galizauberalles sobre o mesmo tema:

    http://lannister.blogaliza.org/2009/12/14/a-constitucion-e-o-federalismo/

    Nin que tiveramos telepatía!!

    ResponderEliminar
  3. E tendo en conta que o 64% dos españois, segundo unha enquisa recente del país, estan a favor de empregar a violencia para manter manu militari a unidade de destiño universal da patría. iles non están pola laboura. Como estratéxia nacionalista pode estar ben pedi-la, mas devemos saber que só ounha saída própia poderemos sair do estancamento. duar

    ResponderEliminar