Interrompemos as vacacións para comentar o que moitos xa sabedes: A Xunta de Feijoo presentou no Consello da Xunta de esta tarde o borrador do Decreto contra o galego no ensino, que podedes consultar premendo na ligazón, páxinas 36 e 37.
En resumo, trátase de reducir o peso do galego a un terzo das asignaturas, e como non se atreven -de momento- a darlle ó español o dobre de presenza legal, introdúcese o inglés como excusa. Tamén, para calar as bocas dos vil.lingües que tan pouca presenza teñen no electorado, pero tanta cobertura mediática tiveron dos medios afíns ó PP nas pasadas eleccións, introdúcese o criterio da elección por parte dos pais de qué asignaturas se estudarán cada un deses terzos, "en sana y democrática mayoría de los papás de los nenes".
Ben, hoxe quero deixar á marxe que eso da elección dos pais é tan absurda como se mañán as operacións de transplante de corazón, por exemplo, se levaran a cabo consultando á familia do paciente, e acordando por "sana y democrática mayoría" se cortamos por aquí ou por alá. Ou o cachondeo que vai ser, trimestre a trimestre, ano a ano, as eleccións en cada colexio, en cada curso i en cada aula para decidir qué se dá en qué asignaturas: haberá dereito democrático á privacidade? votarán en urna? será secreto o voto? En fin, CARALLADAS.
Porque hoxe non quero falar deso. Hoxe quero propoñer a seguinte estratexia a seguir polo galeguismo:
Deámoslle a razón a Feijoo. "Lo que tu digas, nene pijo; aceptamos la teoria del equilibrio entre lenguas”: xa que hai que meter un terzo nunha lingua extranxeira, sexamos pragmáticos e utilitaristas (non 'reitegratas', no, tranki frijol), e propoñamos que os nosos fillos estuden nas linguas veciñas con máis presenza internacional: inglés e portugués.
E así, un terzo en galego, outro terzo en español, e o outro terzo a repartir entre inglés e portugués. Así redondeando podería quedar asi:
- 35% galego
- 35% castelán
- 15% inglés
- 15% portugués.
Teriamos un 50% en galego garantizado pola norma da propia dereita galegófoba, e daríamos visibilidade ó galego como idioma internacional a través do portugués… Falo moi en serio. Por qué non plantexarlles esto e desmontar a súa hipocresía? Porque xa veredes que rápido din os hipócritas do Partido Nacionalista Español (alias PP nas urnas) que esto de la libertaz y el equilibrio lingüístico é unha ida de olla de nacionalistas del bloque.
Voltamos o día 11. Feliz ano.
Basicamente, isto que propós chama-se MODELO BURELA.
ResponderEliminarUn puntaso. Vou recomendar a lectura desta entrada (e de todo o blog tamén, claro...)
ResponderEliminarSi hó, que che ían deixar...
ResponderEliminarAs comunidades non son bilingues. O nacionalismo espanhol na Galiza sábeo e o seu obxectivo é o exterminio do galego. Por eso considero que votar ó PP é unha acción terrorista e criminal contra a língua e cultura galegas.
Non se trata de votalos, o_parásito, trátase de xogar ó seu xogo para desmontarllo. Non din eles que galego e portugués non son a mesma lingua? Logo non deberían ter problema en que se ensine o portugués por "motivos utilitaristas", non? Temos un pais veciño sen fronteira con eles que falan portugués, e o país que acaba de adiantar a España como 8ª potencia mundial fala portugués tamén (unha versión ademáis máis cercana ó noso galego).
ResponderEliminarAdemáis, nin dende o punto de vista dos peperos, nin do dos isolacionistas, nin do dos reintegracionistas, nin do dos galeguistas, nin do dos nacionalistas, nin dende o punto de vista de nindiós neste pais se explica que aínda non se estudie portugués como materia obrigatoria nas escolas deste país. É simplemente inexplicable. Ou si, si ten explicación: demostra a panda de pailáns que somos, e así nos vai.
Qué pais minifundista mental, señor.
Totalmente de acordo contigo.
ResponderEliminarFeliz Ano
Non lle deas ideas que son capaces de poñer alemán + ruso con tal de non dar galego
ResponderEliminarHoxe portada en chuza: http://chuza.org/historia/a-estratexia-do-33-17-de-galego-portugues-no-ensino-co-novo-decreto/
ResponderEliminarAdxunto o comentario que alí expusen. Grazas a Beto por chuzar.
Se me permitides un comentario ó meu propio artigo (de novo moitas grazas neste caso a Beto por chuzar), do que se trata non é de pasar polo aro, nin de que nos creamos a hipocresía galegófoba, senón de usala no noso propio beneficio.
Eles xogan a reducir o galego metendo o inglés como excusa (formalmente non falan do inglés, senón dunha "lingua extranxeira"). Ben. É a súa norma e a van aprobar, queiramos ou non. Ademáis de denunciar que dixeron que botarían abaixo o decreto do bipartito porque rompía o consenso, e agora resulta que aprobarán esta tomadura de pelo sen consenso ningún (nin sequera dos seus soplapollas vil.lingües), ademáis de denunciar o cachondeo que vai ser a elección en cada colexio i en cada curso as materias que se estudiarán nunha e noutras linguas, ademáis de seguir denunciando a súa galegofobia disfrazada de "liberalismo y derecho a decidir", sexamos intelixentes e, nun decreto que se vai aprobar sí ou sí, usemos a lingua extranxeira que eles usan como excusa para reducir a presenza do galego como o mecanismo para asegurar que durante estes 4 anos, incluso cun decreto galegófobo, o galego terá garantida unha presenza do 50%.
I entón que non se lles ocorra dicir que o galego sae gañando, porque (e aqui usaremos a súa hipocresía), "ya sabemos que gallego y portugués no 'te' es lo mismo, oistes neno?"
Logo, máis adiante, o día que deixen de governar os galegófobos, xa teremos tempo de botar esta norma abaixo. Ata entón, sexamos intelixentes: xoguemos ás súas cartas hipócritas no noso propio beneficio.-
Saúdos chuceiros.
Interesante proposta.
ResponderEliminarTal vez vos interesse tambem este blog dum colega do outro lado do Minho, O Galaico: Etnografando com Letras
Pois deámoslla! Até na Extremadura teñen iso máis claro.
ResponderEliminar