26/07/09

O DÍA 25 E O GALEGO

O galego é a lingua propia de Galiza, pero nos últimos 50 anos a extensión do bilingüismo i, en moitos casos, do monolingüismo en castelán, ofrecen para o galego un panorama desalentador. Esta é a porcentaxe de galegos que tiñan ó galego como primeira lingua (única lingua falada ou predominante na súa fala) dende a Idade Media:



Por iso, quero puntualizar unha serie de cuestións sobre o meu blog e o meu xeito de ver as cousas:

- Tanto che me ten se celebraches onte o Día da Patria como se foches de praia neste caluroso verán. Tanto che me ten se pensas que Galiza se chama Galiza ou Galicia, se pensas que é unha Nazón, unha nación de breogán ou unha autonomía española. Tanto che me ten se eres de dereitas ou de esquerdas, católico ou ateo, do Celta ou do Dépor. Pero se non che importa a situación da nosa lingua, se non fas algo por ela (algo tan simple como FALALA), se cres que é o teu "dereito" non facelo, nin ter que coñecela para acceder a un posto na administración galega, entón estaslle faltando ó respeto á túa historia, aos teus antergos e á túa cultura e non mereces ir por ahí dicindo que es "galego". Fala galego, dalle ao galego un espazo no teu día a día, ama a túa lingua.

- Algúns me preguntan se son reintegracionista, se creo que Galiza e Portugal deberían ser un mesmo pais, patatín e patatán. Sinceramente, igual que no punto un, tanto che me ten. A situación actual do pais é tan distante a esas posibilidades, que qué máis da. Unha cousa é cómo me gustaría que fose o meu pais e outra o que é posible hoxendía (xa quixera eu que os acontecementos dos que falaremos nos séculos XIII a XV se resolveran como quixo Galiza, pero a Historia non vai cambiar, e o noso presente por moito que queiramos algúns, tampouco vai cambiar tanto como para que o debate político sexa "integración con Portugal sí ou non").

- Pero o que sí teño bastante clariño é que é o que precisan Galiza e o galego pra sair adiante nesta situación desesperada. E, ó contrario do que moitos pensan e preocupa a tantos, non pasa esencialmente polo eido educativo. Evidentemente, iso tamén é imprescindible, pero precisamente nos anos nos que o galego se incorporou ao sistema educativo en maior ou menor medida (si, xa o sabemos, nalgúns sitios non dan en galego nin as clases de galego, pero "están imponiendo el gallego en las escuelas", xa falaremos diso...), é precisamente nestes anos cando máis se está a perder falantes.

- E o que eu creo que precisan Galiza e o galego son dúas cousas:

1. maior exposición á cultura luso-brasileira que contrarreste o verdadeiro asoballamento que sofre a cultura galega dende hai 50 anos. O desenvolvemento das comunicacións, medios, televisións, etc., fixo que a presenza do castelán en Galiza sexa hoxe infinitamente superior ao que se viu exposta nos séculos anteriores. Porén, tamén o desenvolvemento das comunicacións debería servir para achegarnos a Brasil e Portugal, que hoxe poden estar máis pertos de nos que nunca.

2. e sobre todo, síntoo moito, pero debe ser pola miña educación en Economía que penso que "ó final, o que non son contas, son contos", o que Galiza e o galego precisan por riba de todo é que a sociedade perciba que o galego é útil económicamente. É o que acontece en Euzkadi e Catalunya, onde os poderes económicos son autóctonos e defensores do seu, non como aqui. Nunha sociedade bilingüe como é a galega de 100 anos pra acó, a maioría da xente decantarase por empregar a lingua que lle é máis útil, só os "concienciados" van manter a feble. E o galego, na súa situación, non se pode permitir vivir dos "concienciados". Galiza precisa dun poder económico e un tecido empresarial galegos, galeguistas e aos que empregar o galego lle resulte útil.


E ámbalos dous requisitos que a min se me antollan imprescindibles pra revertir a situación da gráfica do principio pasan por Portugal e Brasil, por coñecelos e que nos coñezan. E os meus blogs nosquedaportugal e alemdominho só pretende ser unha pinga no que debería ser un océano de coñecemento mútuo.

6 comentários:

  1. Boisima analise do problema e acertados camiños de solucion.

    ResponderEliminar
  2. Grazas ós dous. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Qué pasou en 1450?
    E en 1985?

    ResponderEliminar
  4. En 1450 verémolo neste blog máis adiante.

    1985, segundo a wikipedia en injlés, foi o ano máis mortal da historia da aviación, morreron 1631 persoas. En calqueira caso, non creo que tivera incidencia na gráfica, xa sería mala sorte.

    http://en.wikipedia.org/wiki/1985

    ResponderEliminar
  5. Hai tantas variables que influen nesa decisión...
    Se a administración non toma medidas... non hai nada que facer!

    ResponderEliminar