15/07/09

LA CORUÑA DE TODA LA VIDA (1ª PARTE)

Hoxe iniciamos unha serie de artigos que durante as vindeiras semanas pretenderán resumir a Historia en común de Galiza e Portugal durante a Idade Media até o século XV. Unha época na que ambos pobos compartiron lingua, reis, identidade, destino e obxectivos comúns, e polos que loitaron durante máis de 250 anos até que finalmente tomaron camiños moi distintos. Unha serie de artigos que para algúns lectores non aportará moito de novo, pero só porque xa antes se esforzaron en coñecer da nosa Historia pola súa conta, porque á maioría lle provocará máis dunha sorpresa xa que na "educación libre" do Estado Español coidánse ben de obviala por ser un "episodio perdido de la época feudal".

Este ensaio podería terse titulado "A Historia en común de Galiza e Portugal", ou "Os reis galegoportugueses", por exemplo, máis o título escollido con toda a retranca tentará deixar en evidencia aos que aínda hoxe pretenden soterrar o noso pasado afirmando que o castelán é tan idioma propio da Galiza como o galego e que se llama La Coruña de toda la vida, porque quereis ahora "quitarle la ele"?. Chamaríalles panda de analfabetos se non fora porque precisamente o que pretenden é "pasarse de listos".

Bandeira do Reino de Galiza
Fonte: http://gl.wikipedia.org/wiki/Reino_de_Galicia

O periodo que vai centrar os vindeiros capítulos abarca os anos 1230 a 1486. Son os anos da resistencia do Reino de Galiza a pasar a depender de Toledo, e apostando en repetidas ocasións pola unión co Reino de Portugal. 250 anos de sucesivas e constantes loitas con remate na Doma y castración del Reino de Galicia por parte dos Reis Católicos.

Mapa político do noroeste da Península Ibérica a finais do século XI.
Fonte: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Europe-south-west-kingdoms.png.


Por iso, vou cáseque a pasar por alto a que precisamente é a época de maior gloria da nosa Historia e da nosa Lingua: os anos do Reino de Galiza dende o século IX, do Camiño de Santiago, de Xelmírez e do esplendor lírica medieval galego-portuguesa a nivel internacional. O máis interesados podedes como sempre comezar por ler na Wikipedia o artigo Historia de Galiza na Idade Media e investigar a partir de ahi.

Como este blog non remata eiqui, teremos tempo de voltar máis adiante sobre ela, pero agora tomaremos como punto de partida o ano 1230, cando falece Afonso IX e o seu fillo Fernando III, rei de Castela, non respeta o testamento do pai e loita por integrar o Reino de Galiza á Castela.

No vindeiro capítulo.

9 comentários:

  1. Fran Bello15/07/09, 18:09

    Estoy deseando oir la historia de Fernando III "el santo", que pasa, que en el testamento ponía que Castilla tenía que "integrarse" en el Reino de Galicia? En lo único que no respetó el testamento fue en no permitir que sus dos "inteligentes" hermanitas se quedaran con la corona de su padre, algo muy común en la época... espero ansioso.

    ResponderEliminar
  2. "En lo único que no respetó el testamento fue en no permitir que sus dos "inteligentes" hermanitas se quedaran con la corona de su padre".

    Un nimio detalle sen importancia.

    ResponderEliminar
  3. Benito Soto17/07/09, 16:51

    Despóis de facer o que recomendas, ou sexa votarlle un vistazo á wikipedia, encontreime con que:
    1) O tal Alfonso IX "tirábase" (dito finamente) por cuestións estratéxicas as suas primas/sobriñas.
    Nimio detalle.

    2) Ambicionaba ser rei de Castela por ser neto de Afonso VII de Castela e León. Ergo: é él o que primeiro tentou unir Galicia e León con Castela. Pero, claro está, baixo o seu mando.
    Nimio detalle.

    3)Sancha e Dulce renunciaron á coroa de León en troca dunha renda de 30 mil maravedia e outros e outros privilexios. Ou sexa que as primafillas venderon a herencia do seu primopai. Nada ilícito por outra banda.
    Nimio detalle.

    Limiteime a ler o que ti recomendas xa que non teño nin tempo nin ganas pra máis despóis dunha semana de choio. Deixo un enlace:

    http://gl.wikipedia.org/wiki/Afonso_IX

    Vou ver se hai forma de pedir as últimas vontades de Afonso IX e así xa arranxamos o problema.

    ResponderEliminar
  4. a verdade é que as monarquías sempre foron unha casa de p**** pero agora que coñecemos a república... seguimmos a confiar na monarquia

    ResponderEliminar
  5. Hola Benito,

    Moitas grazas polo teu comentario e por molestarte en saber sobre o tema (cousa que aposto non moitos fan).

    Tes razón en todo o que dis, pero con matices:

    1º) efectivamente, "tirábase" a súa curmá e sobriña. Nada que non fixeran todos os reis de todas as nacións i épocas, incluido os borbóns. Debe de ser "deporte rexio".

    2º) Correcto. E como case todalas monarquias, tentaban conseguir con matrimonios de conveniencia o que non se acadaba a base de guerras. Pero o que se pretende con estes capítulos (aínda falta moitisimo por ver nos vindeiros 250 anos, podes crerme) é entender por qué Galiza hoxe non pertence a Portugal, si algunha vez o intentou ou resignouse ao seu "destino", e outras cousas, como ver de onde veñen as diferencias entre galego e portugués, cál é o idioma propio de Galiza e cal o de Castela (porque parece que algúns non se queren dar por enterados), por qué Galiza quedou marxinada nos Séculos Escuros, etc etc.

    3º) Certo, como xa comentou Fran, espero que as nosas amigas Sancha e Dulce fixeran bós investimentos en bolsa cós 30.000 maravedís anuais, porque a nós fixéronnos un fraco favor.

    Pero dende 1230 en diante aínda acontecerían moitas cousas e convidote (convídovos) a que vos quededes polo blog unhas semaniñas pra coñecelas.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  6. non se esta claro que as ideas aparecen a pares. Un amigo meu estaba pensando iniciar unha serie de artigos sobre todo isto no seu blogue. Comentareille que lles bote un ollo por se decide cambiar de ideas

    ResponderEliminar
  7. Tes un nome de usuario un tanto... curioso. Imos deixalo en curioso, si.

    ResponderEliminar
  8. Forma parte do meu enrevesado sentido do humor. Digamos que tras tanto oir o orixinal decidin que podía copiarlle o nome para facer o mesmo ca el poren defendendo o galego. Por certo gustame o blogue.

    ResponderEliminar
  9. Pois nada meu, aínda que recoñezo que me custa un pouco dicilo... "moitas grazas Federico!!".

    Grazas por visitar e aportar no blog. Un saúdo.

    ResponderEliminar