21/01/10

O FUTURO ESTÁ NO GALEGO INTERNACIONAL

Os últimos 100 anos en Galiza foron de asoballamento do galego polo castelán. Pero as novas tecnoloxías, a ausencia de fronteira con Portugal e o pulo económico do Brasil deberían traer outros 100 anos de inmersión cultural, económica e social de Galiza no marco do galego internacional. Cada día máis galegos, en todos os ámbitos sociais, teñen máis clara esta realidade. Fomentar vías de intercambio económico, cultural, lingüístico e social -leivmotiv de nosquedaportugal e alemdominho- está cada vez máis presente no pensamento dos galegos.

Para demostralo, este artigo é unha recopilación de noticias publicadas en internet sobre Portugal e Brasil relacionadas con Galiza nun periodo de menos de dous meses (dende finais de novembro a primeiros de xaneiro). En menos de dous meses, máis de 50 noticias e moitas outras que non terán chegado a min (moitas descubrinas grazas ó portal www.chuza.org, que grazas ós seus usuarios é un medio excelente para estar ó día neste tipo de noticias), algunhas delas especialmente esperanzadoras.


PORTUGAL

1.- Unha das mellores notícias que temos lido nos últimos meses sobre a incipiente colaboración entre Galiza e Portugal: A Universidade de Lisboa abrirá dous centros en Galicia en colaboración coa AGLP. A xuizo da universidade lusa, “a lingua portuguesa é unha lingua accesible para practicamente calquera galego e, polo tanto, nese sentido, dada a facilidade de circulación dos diplomas, pensamos que era posible, útil e pertinente, estender a nosa oferta pedagóxica a Galicia”

Carlos Reis, reitor da Universidade Aberta de Lisboa.
Fonte: pglingua.org

2.- Relacionada con esta nova, video-entrevista ó reitor da Universidade Aberta de Lisboa.

3.- Debate na TVG: O ensino de portugués na Galiza. "o português nom é mais que o galego útil e internacional".

4.- Comunicado do Movimento Internacional Lusófono apelando a que "as emissões de rádio e televisão portuguesas (sobretudo aquelas que privilegiem programas de cariz cultural) sejam recebidas na Galiza".

5.- E qué pasa coas televisións portuguesas en Galicia?. Artigo de Galicia Confidencial.

6.- "Norte de Portugal e Galiza formam um pais". Entrevista ó Presidente do Conselho Económico e Social, ex-ministro i ex-eurodeputado, José Silva Peneda, publicada no xornal portugues jornal de notícias.

7.- Foro CREATIVA das Industrias Culturais Galicia - Norte de Portugal, organizado polo Agadic.

8.- A Eurorrexión do coñecemento a debate. Xornadas na Universidade de Santiago.

9.- Colaboración en medio ambiente: Projecto luso-galego inviste 1,7M eur na preservação do rio Minho.

10.- Breve nota sobre Galiza no Diario de Notícias portugués. Iso é todo o que saben de nós? Mal imos, ho...

11.- Petición de integración de Galiza e Norte de Portugal nunha web portuguesa de 'peticións públicas'.

12.- 1600 aniversario da fundación do Reino Suevo de Gallaecia, en seioquenosfigestes.

13.- Ás veces teñen que vir de fóra a dicir o que algúns eiquí non queren ver: Miguel de la Quadra Salcedo di "en la misma lengua hablamos Portugal y Galicia, el gallego".

14.- O Festival da Lusofonía Cantos na Maré, da que xa falamos en nosquedaportugal.

15.- O IV Seminario Galego de Etnografía visto desde Portugal polo diario cienciahoje.

16.- O día de reis, o programa da RTP "Galegos de cá e lá" , un documental sobre o Couto Mixto e os 'povos promiscuos' portugueses da 'raia', foi o máis visto da televisión portuguesa, logo do telejornal da noite.

17.- Blog dun portugués norteño, O Galaico, defendendo unha visión integradora de Galiza e Portugal.

18.- Interesante análise no blog 'A Furada do Trasno' do AVE Galiza - Norte de Portugal, denunciando a estreitez de miras dos nosos governantes e reclamando que tal vía sexa mixta de pasaxeiros e mercadorías.

19.- Tamén hai novas en deportes: Arranca o primeiro campionato luso de futbol americano, coa participación dun equipo... galego!

20.- Artigo en A Nosa Terra fomentando Coimbra como destino turístico.


Importante é suliñar que atopamos bastantes novas na sección de Economía:

21.- Artigo no xornal Correio do Minho conscientes da necesidade para Portugal de ampliar mercados: "não devemos autolimitarmos ao território nacional. Existe um mercado novo por descobrir na Galiza, muito mais perto e com outros níveis de consumo e de poder de compra".

22.- Datos do noso comercio bilateral: Galiza exporta a Portugal 2,4 mil millóns eur, Portugal a Galiza 2,1 mil millóns eur.

23.- Empresários galegos e portugueses reunidos en Lisboa no VI Encontro Luso-galaico de empresas.

24.- Sindicalistas do Norte de Portugal e Galiza reúnense para falar de relações transfronteiriças.

25.- O xornal Vieiros recolle tamén estes días a noticia de que Portugal aposta polo coche eléctrico, cando en 2011 converterase no primeiro país do mundo cunha rede estatal para o abastecemento destes veículos. Tan difícil será ampliar esa rede a Galiza?


Mais non todo é cooperación. Dúas noticias de economía en sentido oposto que confirman que seguimos a competir entre nós máis que cooperar e abrir mercados en común:

26.- Noticia da RTP: Os portugueses fogem para Galiza á procura de melhores salários pero são discriminados.

27.- Na web da CIG: Traballadores da empresa PGA Antolin denuncian que está a deslocalizar a Portugal parte da súa producción.


28.- E nunha magnífica (malia breve) entrevista no Xornal a Xoán Vázquez Mao, Secretario Xeral do Eixo Atlántico, onde explica con enorme claridade cales son as eivas da nosa relación económica con Portugal: "Un país non se pode crear sen medios de comunicación, e a Eurorrexión é no novo país do século XXI". "Galicia nunca mirou para Portugal. Alí só ven que queremos competir contra Sá Carneiro, que criticamos que veñan traballadores portugueses a Galicia...". "Brasil é o epicentro de acontecementos mundiais no futuro. Portugal é o gran broker de Brasil en Europa. E nós con ese privilexio diante estamos a discutir sobre o aeroporto de Sá Carneiro... Tiñamos que estar creando un gran lobby empresarial".




BRASIL

1.- No centro de todas as noticias relacionadas coa emerxencia do Brasil como potencia económica a nivel mundial está un home: Luiz Ignácio Lula da Silva. Eiqui tedes só a modo de exemplo algúns dos artigos sobre o seu éxito visto por A Nosa Terra, El Pais ou o xornal alemán Sueddeutsche.

Lula da Silva, 'personaxe do ano 2009' para El Pais.
Fonte: www.elpais.com


2.- O éxito evidentemente non é só de Lula. Algúns xornais fanse eco tamén estas últimas semanas do éxito político para Brasil por obter o dereito de veto no FMI, ou as cifras económicas que amosan que será Brasil, e non México como algúns falaban hai anos, quen lidere o desenvolvemento da América Latina.

3.- Por iso, algúns empresarios galegos foron recentemente á procura de vías de negocio en Brasil.

4.- Neste sentido, o artigo de opinión 'Brasil e Nós' de Camilo Nogueira avoga porque Galiza aposte por volcarse na relación con Brasil en tódolos eidos.

5.- Malia que algúns que nos teñen que representar polo mundo adiante seguen sen enterarse de nada: "Feijoo vende Galicia en Brasil cun video de hai 20 anos".


Algúns exemplos de que a aposta de Galiza por Brasil xa está en camiño son...

6.- Carlos Núñez: nas entrevistas tras a publicación do seu álbum "Alborada do Brasil" -do cal xa falamos neste blog- comentaba: "no Brasil descubres o poderío enorme que ten o galego".

7.- Unha coproducción galego-brasileira verá a luz proximamente. Antón Reixa anda detrás do asunto.

8.- Nace Kalandraka Brasil.


Sobre cómo nos ven desde o Brasil...

9.- Entrevista ó professor Antom Corbacho no portal galizalivre.org, onde fala da imaxe que o Brasil ten de Galiza, da identidade lingüística dos galegos que emigraron alá, dos que moi poucos deles foron exiliados da guerra civil.

10.- Un conto sobre nós chegado do Brasil. 'As ervas de Galiza'.

11.- A orixe galega da bandeira do Brasil.


12.- E por último, unha nova de deportes coñecida por todos: Brasil vs Portugal no vindeiro Mundial de fútbol. A quén imos apoiar??



Capítulo aparte para o Reintegracionismo lingüístico, tema máis 'espinoso' que esperamos tratar en breve neste blog. O mundo cultural reintegracionista é por suposto fonte constante de novas ó respecto da visión integradora de Galiza no eido internacional.

O Portal Galego de Língua é un dos máis activos neste sentido, destacando...

* Entrevistas:

- Entrevista á Doutora Simone Caputo Gomes, da Universidade de São Paulo que ven de recibir a maior condecoración de Cabo Verde: "O que pode unir Brasil, Cabo Verde e Galiza é o conceito de lusofonía".
- Entrevista a Ugia Pedreira, "Conhecer a cultura popular galego-portuguesa dá segurança e abre portas a todos os níveis".
- Entrevista a Daniel Cerqueiro, director dunha empresa de marketing en internet. "A única via normalizadora é a aceitaçom por parte da sociedade de que o galego forma parte da lusofonia".
- Entrevista a Mariola Mourelo, analista de mercados: "No Brasil senti pela primeira vez que o portugués era a minha língua".

* Sobre o recente acordo ortográfico da língua portuguesa:

- O Instituto Camões inicia un proceso de sensibilización na Galiza sobre o acordo ortográfico da língua portuguesa, a aplicar a partir de 2010.
- Acordo ortográfico que resumen neste artigo do Portal Galego de Língua., e que conta cunha campaña no facebook para que Galiza poida aderirse tamén ó acordo.

* Sobre Galiza no espazo lusófono:

- En nadal debate en Lisboa organizado polo MIL (Movimento Internacional Lusófono) onde se falou do futuro de Galiza no espazo lusófono.
- Non esquezamos tamén que 2010 é o Ano Carvalho Calero, a principal figura defensora do reintegracionismo lingüístico, por cumplirse o centenario do nacemento do filólogo galego e primeiro Catedrático de Língua e Literatura do país.


E non só o PGL, tamén noutros medios incluso portugueses, apóstase pola reintegración lingüística do galego no portugués:

- Portugueses pela Galiza Lusófona.


En menos de dous meses, máis de 50 novas recopiladas. Cada día somos máis conscientes de onde está o futuro do galego e de Galiza: ó caer a fronteira cederon 500 anos de historia de costas con Portugal; coa emerxencia do Brasil como potencia internacional ábrese unha oportunidade histórica para resolver o atraso económico de Galiza. Velaí o futuro. En galego temos futuro.

10 comentários:

  1. Parabéns. En canto á lingua, houbera tido moito interese decantarse pola grafía lusófona no seu momento.

    ResponderEliminar
  2. Algún día falaremos diso neste blog. Ata entón, eu son máis partidario de denunciar cousas coas que estamos todos dacordo. E se hai algo que non entendo como é que ainda non temos é o estudo do portugués nos colexios galegos. A quén lle molesta??

    ResponderEliminar
  3. gostei moito dos teu comentarios caralladas no blogue de Bouza. Pergunto-me por que a esquerda galega non repara mais no SNP, escoces, posiblemete o lugar onde mais avanzou o "estado social". prefiren experimentos centralistas e hispanos, coma os de chavez. É incrible.Sendo claro, para min o SNP, e moi de esquerdas, mas o problema coido que para o bng son uns fachas neoliberais. Vaia terra a nosa,há nacionalistas con máis mentalidade "española" co frijol. Por elo caralladas vente pa´converxencia O, hehe.saudos

    ResponderEliminar
  4. En canto ao lusismo, moito ollo amigo é unha grande lea, fixo-se mau, e evidente. Mas non caiamos no simplismo de bons e maus, tan do gosto da propaganda, a Galiza do 80 era complicada,o pior e que creou-se unha forte división, compre trata-lo con cautela.Os dous movimentos cometerón erros..Non sabemos que houvese pasado ca outra normativa, hoxe é fácil dezi-lo mais daquela. Eu acredito que o mellor é unha acordp rag-agal, e portugués do Brasil. Do lisboetés non gosto feio e minoritario, nada bon.
    mas Caralladas en Portugal non gostan de nós, as élites non o povo, e no brasil non nos coñecen.Boas estratexias fan falta, teu blogue unha boa delas sudos

    ResponderEliminar
  5. Respecto o portugues nas escolas o quid da cuestión é o número de horas. A segunda lingua ou terceira etc. existe ou non segun exista demanda por parte do alumnado como calquera outra asignatura. Aí entran en conxunción os intereses da Administración, pagar o menor número de profesores posible co cal racanea materias a esgalla, os do centro, manter o número de profesores mais alto posible para evitar a sobrecarga de horarios e ter un abano amplo de materias que ofrecer os alumnos, e os propios profesores, ser capaces ou non de dar mais materias a parte da súa. O portugues so é coñecido normalmente polos profesores que están dando galego que soen ir cuns horarios a tope, co cal xa nen se oferta os alumnos co que non se inicia a puxa de intereses. Eu so coñezo que se dea no IES Perdouro de Burela porén xa sabemos que ese centro é o mais parecido a un IES plenamente galego que temos. E por suposto é onde da clases Bernardo Penabade, a quen se le isto mando un saúdo.
    Un sáudo para todos.

    ResponderEliminar
  6. Bótase en falta xa unha análise da manifestación convocada pola plataforma Queremos galego.

    ResponderEliminar
  7. Empezo polo final. Non vou facer análise ningunha da manifestación. Por varias razóns: primeira non quero que a liorta coa Xunta españolista de Feijoo centre a temática do meu blog, para iso xa temos moitos e moi bos blogs e páxinas nas que ler e opinar, eu son o primeiro que o fago. Segundo, non puiden asistir, e gosto de documentar con fotos propias (como fixen na pasada manifestación en santiago, á que lle adiquei un artigo). E terceiro, porque é o momento de sumar, de que sumemos todos. E hai bastante que teño que criticar da chulería de algúns para ir "a su rollo", montar manifestacións e greves cando lles peta, como se esto fora unha guerra entre eles e o resto do mundo. Quen queira saber máis, que lea meus comentarios noutros foros, como di Duar. Agora é o momento de arrimar o ombro todos, xa haberá tempo de poñer os puntos sobre os íes.

    En canto ó reintegracionismo, falaremos en breve neste blog. Cando digo en breve igual falo de 2 ou 3 meses... pero falaremos. De feito, xa apalabrei unha conversa cun profesor da AGAL, grazas Vixía e as súas Conversas na Coruña. Deixarei para entón as miñas opinións sobre o tema, para confrontalas có que plantea o reintegracionistas, i entón opinamos todos, se vos parece.

    E por último, sobre o portugués nas escolas, eu non pido unha 'EATP' (non sei cómo se lle chama agora, así era nos meus tempos). As asignaturas libres xa sabemos como nolas tomamos nos tempos de estudante. Tampouco falo das ocurrencias de feijoo de dar física cuántica en portugués, igual que química orgánica en inglés a un rapaz de 14 anos pode ser moito de dios... Falo simplemente de que TODO O MUNDO estude a asignatura de portugués cando menos un par de anos antes de rematar os seus estudos. Probablemente con estudar portugués un par de anos no bacherelato, cando as competencias en galego xa sexan decentes (falo dun mundo ideal, claro...), sería abondo para dúas cousas: que os rapaces galegofalantes fosen competentes en portugués, e para que se visualizase socialmente o galego como língua útil internacionalmente. Outra alternativa podería ser que ano tras ano, progresivamente, e dentro da asignatura de galego, os rapaces puideran ir tendo contacto e coñecendo as variantes do portugués a respecto do galego, ata chegar a dar eses dous anos que comento, anos despois.

    Non me parece que estea a pedir un imposible. E non creo que houbese tal carencia de mestres pra dar dous anos de portugues nos institutos do pais. Máis ben, creo que eiqui a ninguén lle interesou, e probablemente a uns e a outros lles preocupou facelo. E o que quero saber é POR QUÉ?

    Por certo (e por último), este fin de semana poñereime a escribir nos artigos sobre o Ecolingua que publicarei a vindeira semana. O 2º e o 3º falarán de temas persoais que me aconteceron hai anos, a respecto do útil que me foi no seu momento o galego no extranxeiro, o rápido que entenderon en certo pais a relación entre galego e portugués (algo que eiqui máis de un non quere ver nin entender), e por último, e quizais máis importante, como esta experiencia me abriu os ollos para decidirme a estudar portugués en Madrid... algo que xa veredes por qué, non me permitiron facer.

    Non ten perda.

    ResponderEliminar
  8. perdón por sacar o tema caralladas, non era intención falar doutra cousa, saudos. Concordo co do portugués duar

    ResponderEliminar
  9. Non home non, perdón non!! faltaría máis!

    Simplemente aproveitei a túa pregunta para comentar a miña posición.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  10. recomendo o novo disco da Zelia Duncan, "Pelo sabor do gesto"
    http://www.youtube.com/watch?v=nKa_k6jfQM8

    ResponderEliminar