20/01/10

COMENTARIOS NO BLOG

Só mencionar que os 'amos do blogspot' están tentando arranxar un problema que polo visto é xeral coa aplicación que vedes á dereita, "comentarios dos lectores", que é un resumo dos últimos comentarios que tedes feito no blog, e que leva semanas sen funcionar. Simplemente que saibades que non só os comentarios a pé de artigos funcionan perfectamente e son por suposto publicados, senón que son moi ben recibidos. Agradécese saber que estades ahi e que o blog interesa. En canto a aplicación que non funciona, esperemos que sexa arranxado moi cedo, pero non ten nada que ver coa miña total e máis que probada incompetencia en materia informática...

Falando de informática, os amigos Charlie e Tacho (editor do blog, que desde eiqui recomendamos, 'A fiestra de Masoucos') axudaronme a instalar a semana pasada o google analytics en nosquedaportugal e alemdominho, ferramenta do demo que me permite saber todo o que facedes cando visitades os blogs, cando entrades, por onde entrades, qué visitades, canto tempo vos quedades de visita, etc etc. Así, agora sei polos rexistros de só unha semana que o blog alemdominho recibe na súa maioría visitas desde Portugal (poucas, sí, pero que para eso está!!), e nosquedaportugal por suposto maioritariamente de Galiza, pero tamén chegan visitas dende sitios tan diversos como Madrid, Funchal, Londres, Praga, Dublin, Luxemburgo, USA, Brasil... Máis de un seguro que se perdeu no ciberespacio para acabar dando en nosquedaportugal, non digo que non... pero grazas por visitar!!

Algún día adicarei un post ós datos do google analytics porque de verdade que son moi interesantes. Xa hai moitos que din que Google estase a converter nun 'big brother' a escala mundial, e falan moi en serio...

2 comentários:

  1. Vas-nos teres bem controladinhos a todos caralladas,tudo é comezar xa veras,ademáis de botar a frijol, acadaras un grande dominio da tecnica, saudos

    ResponderEliminar
  2. carallo. un mes sen funcionar a aplicación, foi decilo en público, e arranxarse nun par de horas...

    se o chego saber!!

    ResponderEliminar