Pero hai unha desas exposicións, a charla do sociólogo Fermin Bouza sobre a influencia ou non da batalla contra a língua no resultado electoral do 1-M, da que falarei en parte hoxe.
Este é o video pra quen lle interese:
Ecolingua 2009: Socioloxía electoral da lingua from IGEA on Vimeo.
Este foi o meu comentario alí no seu blog:
Boas Fermin,
Esta semana vin que facias esa mesma pregunta nos videos do Ecolingua, ‘qué llevó a Feijóo a enredararse de tal manera en la cuestión lingüística?’, e que comentabas que aínda non tiñas a resposta. Tiña pensado igual un día comentar a miña opinión no meu blog, pero aproveitando que hoxe comentas isto neste artigo, falarei eiqui.
Eu distinguiría dous escenarios, a nivel do Estado, e a nivel galego.
1.- A nivel do Estado, metámonos esto na cabeza porque vai ser determinante os vindeiros anos, están marcados por unha polarización CASE XERAL (polo tanto, moi importante tamén no electorado socialista) a posicións máis centralistas. A aposta de Zapatero hai anos (e o que lle distinguiu de Bono e a upeideira no seu momento) foi recoñecer en España un Estado Plurinacional e apostar por él. Ollo, evidentemente quedou moi lonxe do que prometeu, pero está claro que apostou nesa dirección.
O resultado saíulle excelente nas nacionalidades: o psoe conseguiu governar en Catalunya i Euskadi por primeira vez na historia, i en Galiza por primeira vez grazas a unhas eleccións. Al César lo que es del César, só porque non conseguiu os 3 governos á vez non se lle pode dar un 10 nese sentido. Pero saíulle moi caro: no resto do Estado a dereita arrasa. Non porque haxa unha polarización á dereita do electorado, senón porque en Madrid e Valencia, principalmente, non tragan có Estatut, co recoñecemento das nacións do Estado, coa recuperación das linguas propias, có Estado Plurinacional, en resumo. Os últimos resultados en Madrid, por exemplo, son para preocuparse. Falo de memoria, pero a cousa andaba así como 50% PP, 10% upyd, psoe pouco máis do 30%. Alarmante, sobre todo para un partido que governa no Estado e aspira a facelo en calquer momento.
A deriva centralista do electorado de ‘Castela’ (imos chamarlle así) puidose comprobar nas últimas enquisas, publicadas có gallo do aniversario da Constitución, en medios non precisamente de dereitas como Público ou El Pais. Falo tamén de memoria, pero algo así como un 80% dos cidadáns do Estado non recoñecen a Catalunya como nación, e introducirían cambios na Constitución para limitar as competencias das autonomías ou garantizar que os ‘casteláns’ poidan vivir nas nacionalidades alleos ás linguas propias de aqui: estudar en castelán, conseguir traballos en calquer admon sen acreditar coñecemento da lingua propia, “libertaz de eleczión”, etc.
Nese contexto, a aposta do PP de Génova é claro: o discurso “España se rompe” está moi gastado, levan décadas coa mesma leria e xa non cola, ou polo menos non vas captar máis votantes que os que xa che creron hai tempo. Pero o discurso “están exterminando el castellano”, “los ‘no nacionalistas’ (pobriños, chamarse a sí mesmos ‘non nacionalistas’, qué eufemismo…) están oprimidos”, “están imponiendo el catalán/gallego/vasco”, etc., ese discurso sí ten calado en ‘castela’. Só o efecto electoralmente positivo para o psoe nas nacionalidades do estado maquilla o que é unha polarización do electorado do estado cara pp/upyd que asusta.
Unha premonición miña: cando zapatero pase a mellor vida (política), o sustituto será da outra corda. Un ‘Bono’ ou sucedáneo, coa idea de recuperar o terreo perdido. I entón eiqui xa nos podemos axustar os machos. Volverán mandar os Vazquez e Losada de Azpiazu, e imos andar finos.
2.- A nivel de Galiza. En primeiro lugar, está a estratexia por suposto de obedecer a Madrid e dar cobertura á súa visión ideolóxica: “efectivamente, Génova, el ambiente aquí es irrespirable: están exterminando el castellano!! Estamos en manos de radicales nacionalistas!!”. Eiqui só o crerán algúns, pero alá está todo o mundo convencido de que esto é peor que o Vietnam para eles. Con esta estratexia ademáis, por suposto, Feijoo posicionase para o que lle interesa, xa sabemos qué.
Pero está unha segunda razón, que polos comentarios saídos do pepé en varias ocasións últimamente, e polo que están a insistir neso, eu creo que é a razón que se agocha detrás de toda esta estratexia: mostrar a alianza psoe + bng como “antinatural”.
A ninguén se lle escapa que o pp en Galiza está moi só. Só lle vale maioría absoluta ou amolarse. A perda de poder estes últimos 2 anos para eles debeu ser de pánico: sen a Xunta, sen Madrid, e ollo, por primeira vez na democracia, sen nin unha soa das alcaldías das 10 cidades e vilas máis importantes do pais. Máis aínda, só governan en Ribeira de entre as 20 principais. O PP estaba só, sen poder, e a alianza psoe + bng amosábase sólida, xa que governaban na Xunta i en 19 alcaldías de 20 sen apenas roces, e dende logo sen sustos (transfugas, mocións, etc.)
Pero a ninguén se lle escapa tampouco que no PSOE conviven 2 sensibilidades: os galeguistas, e os españolistas. Os Leiceaga, Touriño (daquela maneira) e Caamaño, e os Vazquez, Losada de Azpiazu e Méndez. Os segundos ‘aturan’ co-governar cós malos do bloque por dúas razóns: polo ben común (ter todos o cú quente) e porque o manda o jefe (Zapatero). Máis por ahi buscou o PP a fenda por onde tentar dividir o PSOE. Poño por exemplo que o día 2 de marzo, unha compañeira miña de traballo, socialista “hasta la médula”, anti-pp “hasta la médula tamén”, non nacida en Galiza pero que leva eiqui media vida, soltoume que as eleccións se perderan porque “por mucho que se empeñen, la gente no quiere nacionalismos en galicia”. Por suposto, tamén é das “socialistas hasta la médula” que viven en “LA Coruña”.
I esa é a aposta do PP. Nese partido, agáns algúns posicionamentos nobles, moi valientes e moi de alabar como os de Cuiña (o certo é que, malia todo, véselle moi só), nese partido dicía hai unha longa tradición de “asumir lo que diga el mando”. Ademáis, son ben conscientes de que puideron ter atravesado unha longa travesía do deserto sen máis poder que o das alcaldías do rural, e agora que teñen esta oportunidade non a van botar a perder “os da boina” só para que lles den máis clases de galego ós nenos. Pero mentras contan con que no PP non xurdan problemas porque os da boina asuman as posicións dos pijos-del-opus de Beccaria, contan tamén ou ben con desbotar a estratexia galeguista do psoe, ou cando menos roubarlle ós españolistas descontentos por seguir pactando con los malotes del bloque.
I esa vai ser, non me cabe a menor dúbida, a estratexia a seguir ata as municipais. Alí teremos o grande test, a grande proba: funcionará a estratexia antigaleguista do pp? Convencerá ós españolistas do psoe de que o pacto bng-psoe é antinatural? que deberían estar con “los moderados centristas amantes de la libertaz lingüística”??
Por que eiqui quería facerche unha pregunta, fermin. Sorpréndeme que levamos case un ano desde que gañou as eleccións o PP, pero agás unha pseudo-enquisa prácticamente postelectoral de La Coz del Fascista onde pouco faltoulles para dicir que Feijoo era el nuevo Obama Libertador, e que por suposto estaban arrasando en intención de voto, agás aquela pantomima eu non vin máis enquisas nun ano. É así? Si é así, non é sorprendente? Pode ser sintomático de que as cousas (malia o nulo liderazgo no psoe e no bng) para o PP en Galiza non pintan tan ben?
Ou é simplemente que teño tantas ganas de crer niso que vexo só o que quero?
Nada máis, xa contarás qué opinas do meu comentario. Por certo Fermin, eu vivin en Madrid do 2001 ó 2006. Seis aniños que se me fixeron eternos. Se xa daquela o ambiente era abafante, ben che entendo cando dicías en Ecolingua que últimamente o ambiente nacionalista en Madrid é totalmente irrespirable. Vai voltando á terra, ho!!
Boa entrada, totalmente de acordo contigo.
ResponderEliminarBicos
Totalmente de acordo e complementaria do que eu publico hoxe:
ResponderEliminarhttp://lannister.blogaliza.org/2010/01/14/o-decretazo/
Por certo engadin a semente RSS do teu blogue o meu.
Un saúdo.
moitas grazas Tywin. Botareille un ollo ó teu artigo esta tarde.
ResponderEliminarE grazas a Dilaida, nosa asidua lectora e ó seu blog 'dúbidas sobre a lingua'. Botádelle un ollo.
ResponderEliminarEsa análise sobre os partidos-sucursal galegos é francamente boa. Espero que no das enquisas non te trabuques e vexas ben. ;-D
ResponderEliminar