08/03/10

FINOU JOHNNY ALF

Coido que é cando menos a segunda vez que teño que adiar o artigo que lle quero adicar a un dos temas imprescindibeis da bossa, 'desafinado', pero desta volta é por causa de forza maior.

A semana pasada era ben difícil non atopar un xornal, blog ou calquer medio carioca que non fixera referencia ó pasamento de Johnny Alf, músico e compositor brasileiro, considerado por moitos precursor da bossa nova.


Nacido en Rio en 1929, desde a adolescencia tomou interese polo jazz e a música do cinema americano, tomando influencias de músicos como Cole Porter. Foi desa mistura de tendencias e intereses musicais de onde, en 1953, xurdiría a composición 'Rapaz de Bem', incluido no album do 55 'Johnny Alf', e que está considerado o tema que abríu camiño ó estilo musical que máis fama ten aportado a Brasil.





Da mesma época é outro dos seus temas precursores, 'Ceu e mar', que eiqui podemos desfrutar na interpretación de dous grandes da música popular brasileira, Elis Regina e Tom Jobim:




Alfredo Jose da Silva, Johnny Alf, finou o xoves da semana pasada en São Paulo por mor dun cancro. Déixanos a súa música pra desfrute de todos.

-------------------------

Máis información:

- Wikipedia: http://pt.wikipedia.org/wiki/Johnny_Alf
- Discografía: http://www.sombras.com.br/johnnyalf
- Morre Johnny Alf: www.estadao.com.br/morre-johnny-alf

2 comentários:

  1. Penso que o xénero da Bossa Nova é unha das músicas máis belas feitas na nosa lingua, especialmente cando se canta co sotaque brasileiro (co galego fícame un pouco adulterado :D).

    Igual que hai uns anos se fixo unha homenaxe ao José Afonso en Pontevedra (televisado en Portugal e na Galicia), ben se podía (alén de varias iniciativas lusófonas que coñecemos) emitir un programa monográfico da Bossa Nova.

    Grazas por nos dar novas da outra beira do Atlántico!

    ResponderEliminar
  2. Como esta entrada me conmoveu, un regalo para o ouvido, tirado de hemeroteca: eilo!

    ResponderEliminar