11/03/10

ENQUISA 'IDENTIDADE COMO PAÍS'

Pechada a enquisa que plantexamos hai uns días sobre a nosa identidade nacional, podemos sacar algunhas interesantes conclusións con, cando menos, a mesma credibilidade estatística que as enquisas de La Coz. I é que, segundo explicaba Calidonia nun dos seus recentes artigos, os recentes inquéritos do blog persoal de Santiago Rey foron feitos coas respostas de como moito 100 persoas por concello. No noso caso, coa participación de 52 lectores e tendo en conta que era posível a resposta múltiple (126 votos en total), podemos extraer conclusións con bastante máis criterio...


O principal activo para a nosa identidade está na aportación da familia, ou así o consideran os nosos lectores. Con esta resposta, fica patente a preocupación pola perda do galego na transmisión interxeracional. Só unha concienciación desta segunda xeración, a de fillos educados en castelán por pais galegofalantes, por invertir este proceso pode salvar á nosa língua de pasar a ser a minoritaria no país nos vindeiros anos. A escola (4º) e a familia (1º) serán fundamentais neste senso.

Pero non menos significativos me parecen os votos acadados polos medios de comunicación (20 votos, 2º lugar) e as empresas (19 votos, 3º lugar). No caso das empresas foi unha alegría saber que compartimos o convencimento de que a nosa cultura ten que demostrar que pode sobrevivir non só porque é a nosa, senón porque é útil. Sei que a moitos esto non lles gusta, pero canto antes nos deamos conta de en qué mundo vivimos, mellor. No caso dos medios de comunicación, sinceiramente, considero que está sobredimensionado o seu papel neste senso. Pero de ser así, a ampla presenza do galego e a nosa cultura en internet é un motivo de optimismo, como sinala o ciberirmandiño sHs.

Por último, os actores que quizáis teñen feito máis estes últimos 30 anos pola normalización da nosa língua e a nosa cultura, o mundo da cultura e institucións autonómicas, quedan nun nivel intermedio que eu interpreto como "sabemos o importantes que son, pero reciben máis votos aqueles que botamos máis en falta". Pode ser? Os mal resultado de 'partidos políticos' ante o descrédito que teñen non sorprende; o que sorprende é que en Franza quedaron terceiros nesa mesma enquisa (foron ordeadas pola importancia que lle outorgaron os franceses). Diferencias culturais, está claro.

Agradecervos a todos a vosa participación, e calquer cousa que queirades comentar sobre os resultados da enquisa, por suposto, son ben agradecidos.

2 comentários:

  1. Eu tamén interpreto o que dis ao respeito das institucións autonómicas, aínda que foron a miña escolla preferente. Isto foi porque penso que, no senso máis exacto do verbo poder, estas deberían compartir relevancia coa familia e a escola. Mais todo dependía do enfoque persoal (as empresas e os medios poderían facer muito máis). Por iso nun artigo previo preguntei Quen pode facer máis, quen debe facer máis ou quen debería facer máis?... As institucións non só poden, mais deben.
    Noraboa pola consulta e pola participación! ;-)

    ResponderEliminar
  2. Eu votei polo mundo da cultura e opino, coma Caralladas, que se valoraron as figuras das que máis se bota en falta apoio: medios e empresas. E si, aquí e na Sicilia, a familia é o máis importante ;)

    ResponderEliminar