14/03/10

BLOGS DE REFERENCIA EN ECONOMÍA

Home, se hai un blog de referencia en economía a nivel internacional é o do Nobel de Economía máis blogueiro de todos os tempos, Paul Krugman, The Conscience of a Liberal; e non quero tampouco deixar pasar a oportunidade de mencionar unha páxina imprescindible, www.project-syndicate.org, onde colaboran con artigos de opinión en economía, política internacional ou crecemento sostible personalidades tan recoñecidas como os economistas Nouriel Roubini ou Joseph Stiglitz (Nobel de Economía o segundo), Kenneth Rogoff (ex-economista xefe do FMI), os ex-ministros de exteriores de Alemaña ou Israel Joschka Fischer e Shlomo Ben-Ami, e moitos outros (Bradford deLong, Jeffrey Sachs, Robert Skidelski...)


Pero non. Eu estaba a falar de dous blogs de referencia en economía de Galiza e de Portugal.




1.- A FURADA DO TRASNO

site: http://afuradadotrasno.blogspot.com/

Blog sobre economía de Galiza do que xa temos feito referencia nalgunha ocasión en Nosquedaportugal, e non está de máis adicarlle tamén este artigo. O máis suliñable é que cunha linguaxe básica e ben explicativa vai ofrecendo con regularidade información e artigos de opinión sobre a situación económica galega ó alcanzo tamén dos lectores con menores coñecementos en economía. Imprescindibles o seu seguimento da lea das caixas de aforros, e dos datos macroeconómicos de PIB i emprego en Galiza.

Só me queda dicir dúas cousas máis: pedirlle desde aqui que lle adique máis artigos a Portugal e a Eurorrexión que formamos cos minhotos; e segundo deixar unha pregunta non aire: quén carallo será o trasno? (supoño que non son o máis indicado pra facer esa pregunta, pero bueno...)



2.- THE PORTUGUESE ECONOMY

site: http://theportugueseeconomy.blogspot.com/

Blog sobre economía de Portugal. Unha eiva que temos moitas veces desde este lado do Miño os que queremos estar ó día do que acontece en Portugal é que non sabemos chegar a fontes de información que nos permitan seguir de continuo a realidade dos nosos veciños. Ben, pois en economía iso xa non ten por que nos pasar máis:


The Portuguese Economy. Fonte: theportugueseeconomy.blogspot.com


Hai apenas un mes ven de nacer o blog The Portuguese Economy, interesante iniciativa dun grupo de quince economistas e historiadores económicos portugueses de universidades do pais veciño, España, Reino Unido, USA e Canadá, coa intención precisamente de dar a coñecer ó exterior cal é a situación económica de Portugal, cales son as razóns que leva á economía portuguesa a ser a que xenera a menor renda per cápita do seu entorno, e que solucións se poden aportar.

O blog está escrito en inglés pra fomentar precisamente o intercambio de coñecemento a nivel internacional e a participación de calquer interesado de fóra de Portugal. Para moitos, o principal punto en contra deste blog é que non chegará a tanta xente por mor de estar en inglés e porque a súa linguaxe é bastante máis técnica que a da furada do trasno, por exemplo. Pero por outra banda, neste caso considero que é máis axeitado para os obxectivos que persiguen, e de atopar algo de especial valía para ser comentado en Nosquedaportugal non teñades dúbida que o faremos.

Polo de agora, o único que quero suliñar é que chama moito a atención o constante (e familiar no caso galego) 'victimismo' dos economistas portugueses á hora de botarlle as culpas de todos os problemas da economía lusa á súa situación periférica. Ben, iso pode ter a súa parte de razón, pero por unha banda non sei que pensarán en Tanzania ou Bolivia diso, i en segundo lugar, neste mundo da información instantánea e a crecente integración do comercio internacional, falar de periferia ten cada vez menos sentido: periferia respecto a qué? Ademáis... a Terra non foi sempre esférica? Logo non ten esquiñas nen nunca as tivo...

2 comentários:

  1. Obrigadísimo pola reseña. Tés toda a razón no de Portugal e aínda máis no da Eurorrexión. Terei que facer o propósito de escribir algo, aínda que xa che adianto que coincido contigo no teno de excepticismo que che leín hai un tempo a respecto da construcción, de verdade, da eurorrexión.

    Quén carallo é Trasno? Un que ven de volta e que, de momento, atopa divertido este entretemento. Preguntando Caralladas... non está mal a resposta, eh.
    Obrigado outra vez.
    Saúde,

    ResponderEliminar
  2. jajaja!! moi bó Trasno.

    Grazas por pasar, e que te sigas divertindo mentras nos instrues. Un saúdo.

    ResponderEliminar