Prometinme que en 2010 tentaría adicar os artigos de nosquedaportugal a, principalmente, seguir achegando en positivo Galiza a Portugal e demáis países da lusofonía, con especial atención a esa futura potencia económica que axudará á nosa língua a sair adiante nestes tempos escuros, Brasil.
Por iso, na miña análise sobre o decreto do carallo non me vou extender, non paga a pena. Apenas unha liña. Quen queira unha análise máis polo miúdo, pode consultar a declaración de Prolíngua ou os artigos de Manuel Bragado, Fermín Bouza, Antón Losada ou Antón Baamonde, entre outros.
Unha liña pra dicir que toca aturar cós tempos que corren, non queda outra. Eles governan e o decreto da infamia sairá adiante. Coa nosa máis contundente oposición, mais sairá adiante. Pero nada é pra sempre, e menos en democracia. O galeguismo ten por diante 3 anos pra presentarlle á sociedade unha alternativa críbel de governo, unha alternativa que ilusione á sociedade, unha alternativa que nos permita, ós que hoxe asistimos indignados ó atentado que contra a nosa cultura propia cometen esta panda de pijos acomplejados, volver crer no noso país.
Que partidos políticos, plataformas en defensa da língua, organizacións de todo tipo e todos os cidadáns dispostos a non deixar morrer este país traballen a reo pola nosa cultura en todos os campos e sectores da sociedade. En todos. Con creatividade, con ilusión, con intelixencia. Iso significa facer moito máis que unha concentración/manifestación/cacharrada/folgaxeral cada quince días. Pero cando toque facer unha manifestación, POR FAVOR, que sexa convocada conxuntamente por todas as plataformas e organizacións que aman a nosa língua, sen afán de protagonismo de ninguén, sen intereses políticos agochados e sen intención algunha por parte de ninguén de patrimonializar o que é de todos: o galego.
Quen queira entender, que entenda.

Vou farto. Estou desmotivado. Canso de manifestacións e protestas. Cheio de falar para surdos, de ver como depois de 30 anos de "normalizaçom" os preconceitos sobre o galego nom só estám vivos, mas som assumidos sem complexos por parte da sociedade. Estou triste porque cada vez vejo menos cativos falar galego, porque vejo que a língua continua igual de deturpada e que à gente tanto lhe tem. Indignado porque me exigem que aceite impasível a morte da língua na Galiza como cousa natural, porque nom quero que os meus filhos sejam parte do 10% de galegofalantes do 2030. Ferido polo estaticismo da sociedade que vai votar novamente PP, porque ninguém se move fóra "dos de sempre", porque nem a sociedade semelha ter sucesso (Galiza co galego?), porque vejo o futuro mui negro.
ResponderEliminarO ano vindouro marcho trabalhar à Alemanha. Se voltarei ou nom, já irei vendo. Quando a batalha está perdida ou o silêncio ou o exílio... e eu à minha língua nom renuncio.