Deberiamos pensar todos, nestes tempos onde pechan un tras doutro os xornais en galego, ou cando os nosos sectores editorial, audiovisual e cultural en xeral están a pasar tantas penurias, que si, que a responsabilidade é de xa sabemos quen... pero tamén nosa: merquemos libros en galego, xornais en galego, cinema en galego, música galega...
Creo que o mellor servizo que se pode facer có diñeiro recadado por publicidade grazas ós lectores de nosquedaportugal e alemdominho é destinalo a unha boa fin. Arriba á dereita deste blog tedes unha 'enquisa' cós nomes das entidades que propoño (seguro que falta algunha, pero como se soe decir, non están todas as que son, pero todas as que están, son). Podedes votar cantos nomes queirades. O día 10 de setembro péchase a votación, e a entidade que consiga maior número de votos recibirá 80 euros dos lectores do blog, e a que resulte en segundo lugar, 40 euros. Certo que nalgún caso non sei, chegado o caso, como facerlles chegar a axuda, porque non vexo nas súas webs que acepten aportacións, doazóns, suscripcións, etc., pero xa se verá. En calquer caso, coa maioría das entidades non hai problema con iso, así que votade a quen queirades.
Económicamente non lles servirá de moito aos gañadores, pero espero nos sirva de exemplo a todos. Máis apoio económico e menos manifestos, por favor... Dito esto sen ánimo de ofender a ninguén, por suposto.
Estas son as entidades que propoño:
ADEGA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
AGAL Associaçom Galega da Língua
AGAPI Asociación Galega de Productoras Independentes
Asociación Cultural Chuza
Asociación de Mulleres Pedra Vella
Asociación Galega de Editores
CIG Converxencia Intersindical Galega
CTNL Coordinadora traballadores/as pola normalización da lingua
EGANET Empresas galegas adicadas a internet
Foro Enrique Peinador
GalegoLab
Galicia Confidencial
Galicia Hoxe
RAG Real Academia Galega
Verdegaia
Xornal de Galicia
Tedes ata o 10 de setembro pra votar. Ata entón, este blog estará en 'stand by'. Bó verán!!
------
Actualización: Di un anónimo en comentarios que bota en falta Rede de Escolas Infantís Galiza co Galego. Esa non estaba na lista, pero teño que recoñecer que tiña apuntada unha que, non sei que fixen, logo esquecín metela: A Mesa para a Normalización Lingüística. Quede aqui dito (agora non a podo incorporar pq xa votou alguén) pero se hai outras edicións, prometo que non esquecerei meter nin a Mesa nin ás Escolas infantís. Saúdos.
Creio que como mínimo devera aparecer o Novas da Galiza, único periódico impreso em galego que fica em pé... O diário digital em galego mais veterano, o galizalivre.org, e o Diário Liberdade.
ResponderEliminarEmpresas privadas para receber doazón?? non comprendo, en calquera caso está ben a idea. Boto en falta A Mesa ou a AS-PG, Queremos Galego... máis directamente ligadas ao galego, pero eu apostaría por incluír outras como O Galo, A Fouce de Ouro, Xermolos... non sei, se cadra podería ser unha convocatoria aberta centrada en entidades sen ánimo de lucro. Pero a idea é túa :-) é só o meu punto de vista!
ResponderEliminarRede de Escolas Infantís Galiza co Galego.
ResponderEliminarEu apostaria por colocar grupos mais pequenos, como têm comentado mais arriba.
ResponderEliminarAcho em falta AGLP ou, se não queremos ir a questões de tão alto nível, Pró-AGLP. Tiraria RAG, A Mesa, Xornal, e qualquer um que tenha ajudas da administração, ou que sejam tão grandes que 100 € não lhe suponham nada (50 € na Pró ajuda a pagar os custos de um ato, em RAG serve para tomarem uns cafés).
Mais nada. Abraço!
Xa puxen AGAL, non é o mesmo (ou parecido)?
ResponderEliminarComo conseguiches que che admitisen a publicidade tendo o blog en galego? Normalmente non dan opción.
ResponderEliminarcaralladas dubido que o teu comentário seja para mim, mas, por se for, respondo-te:
ResponderEliminara AGAL (associação galega da língua) não é o mesmo nem tem nada a ver (bom, algo sim ;) ) com a AGLP (Academia Galega da Língua Portuguesa), que é uma Academia, como a RAG ou a RAE, só que são muito mais trabalhadores e cobram muito menos (0€) ;)
A pró-AGLP foi a associação que se formou com finalidade de criar uma academia. Agora já existe, pelo que a pró se adica a publicar, debater, dar informação, organizar atos, etc sobre a AGLP para que toda a lusofonia galega a conheça :)
saúde!
(para o último anónimo) pois facer non fixen nada, seguro que non dan opción? Eu o que fixen foi poñer o googleads, que é unha das opcións que che da blogspot, e despois eles poñen publicidade en función dos contidos do blog. Habitualmente acertan, pq moito é publicidade galega e portuguesa, desta última sobre todo de turismo.
ResponderEliminar