01/06/11

'MIL CANS...' DE MANOLO RIVAS

Non pode decirse que Manolo Rivas se prodigue moito últimamente no seu blog. De feito, comprobo que o artigo de hoxe rompe unha xeira de máis de once meses sen publicar, pero pagou a pena a espera. Recomendamos encarecidamente o seu artigo 'Mil cans máis para Galicia', hoxe no seu blog 'O máis extraño'.

"...estase a virar á dereita. Mais non a unha dereita calquera, senón a un Ogro que oculta a face escura. Esta expansión dereitista, o Monstro edulcorado, ten por correlato o derrube socialdemócrata e a decadencia das ideas que sustentaron tradicionalmente á esquerda. A nova-vella dereita fica absolta do desastre que provocou. A esquerda cínica e cativa non foi quen de combater ese meigallo. A marea dereitista respondería a unha nova hexemonía cultural, que se expresa cun curioso paradoxo: a cultura da incultura, a razón irracional, a política apolítica. De que materia está feita este Monstro que se fai simpático ás multitudes? "Ultra-capitalista, predica o éxito, a riqueza e despreza as actividades intelectuais". A berlusconización, a filosofía bling-bling da troupe de Sarkozy, serían algunhas das expresións estéticas deste Ogro doce. Todo semella un espectáculo alleo, até que vemos como asoman as caras máis feas: o aplauso e o voto á corrupción, o contaxio pandémico da xenofobia".

1 comentário:

  1. máis que a nova volta da dereita estamos ante un recuar da esquerda. Un facer a política da dereita por partidos de esquerda. Un exemplo de libro do bipartito da xunta. Unha volta á telegaita.

    ResponderEliminar