25/08/10

DÉJÀ VU

Esta semana atopábamonos cunha noticia en todos os medios de economía e xeneralistas que seica é unha novidade para algúns: Brasil supera a España como 8ª economía mundial.

Ben, nós no primeiro mes de vida de nosquedaportugal, hai agora máis dun ano, xa publicaramos este artigo:

(facer click na imaxe para ler o artigo)

Artigo que por certo, se non recordo mal foi o primeiro do blog que acadou a portada no Chuza. O curioso é que agora as cifras de 2009 suxiren que o 'sorpasso' xa se producira en 2008, así que os que pensen que Brasil acaba de adiantar a España, que saiban que andan con 2 anos de retraso.

Hoxe vou máis aló nas miñas afirmacións: esta mesma década, entre Olimpiadas e Mundiais de fútbol, Brasil adiantará a Italia. Reino Unido (2020) e Francia (horizonte 2025) colocarán a Brasil como quinta potencia mundial. Daquela, a foto no ano 2025 das principais economías do mundo será algo máis ben parecido a esto:

1.- USA; 2.- China (*); 3.- Xapón; 4.- Alemaña; 5.- Brasil; 6.- Francia; 7.- Reino Unido; 8.- Rusia; 9.- India; 10.- Italia.

Onde están España e o castelán? Mentras tanto, nós sigamos 'pasando' do portugués.

(*) Ao ritmo actual China superaría a USA xa no 2025. En calquer caso parece pouco probable que uns sigan estancados 15 anos mentras outros medran todo ese tempo ao 9%. Por iso eu colocaría o horizonte máis aló, na década dos 30s.

3 comentários:

  1. Acabo de ler que no propio artigo estimaba xa o segundo posto de China para 'finais de 2010'. Ven de anunciarse agora, ainda que con datos xa do primeiro semestre de 2010. Estes chinos andan como motos...

    ResponderEliminar
  2. Non sei si te decatache, pero este ano temos champions league a unha hora de VIgo, en Braga. 180.000 habitantes, e 800.000 na area metropolitana.
    Saudos

    ResponderEliminar
  3. Decateime, si. Gostaria poder baixar a ver algún, a faena é que o Braga - Arsenal é o 23, e eu 'saio de contas' o 24.....

    ResponderEliminar