Levo dous meses que non paro entre os primeiros preparativos da miña tese e os últimos retoques ao libro 'Financial markets: a guided tour' (que así é como se chama polo de agora a obriña, prevista para primeiros de 2011, xa vos irei avisando). Buscando información para o libro din con esto:
Débeda privada vs pública na Unión Europea.
Fonte: Paul De Grauwe en www.voxeu.org
Non sei se o entendedes, pero máis vos vale. En maio 'os mercados' presionan ós governos para que recorten pensións, salarios dos traballadores, sanidade e o Estado do Benestar en xeral porque 'os Estados están endebedados de máis'. O que amosa a gráfica (para o conxunto de Europa, o caso español aínda é máis significativo) é que quen están endebedados (e ata as orellas) son bancos e empresas.
A suma da débeda de banca + empresas + economias domésticas é dun desorbitado 550% do PIB europeo (é unha das razóns polas que hoxe estamos no pozo no que estamos). A débeda dos Estados europeos anda polo 70%. Máis aínda, nestoutro artigo publicado hoxe mesmo, os recoñecidos economistas Reinhart e Rogoff sinalan que unha débeda inferior ó 90% do PIB non ten efectos sobre o crecemento.
Pero a lóxica neoliberal non vai por ahi. A súa lóxica é "se o meu banco ou a miña inmobiliaria quebra, que me rescate o Estado!! E se o Estado ten que rescatar todo ese volume de débeda privada... o Estado está arruinado!! Hai que tirar abaixo a Sanidade e as Pensións, no nos lo podemos permitir!!!"
e en mans de cantos está unha débeda e de cantos a outra...
ResponderEliminarenvieiche o post a menéame, con pouca sorte. Alí atopei outra gráfica interesante http://www.newsweek.com/content/newsweek/2010/08/15/interactive-infographic-of-the-worlds-best-countries.html
Xa vira o de menéame, grazas. Non votaron moito (tampouco debe ser doado que unha nova en galego lle fagan caso, vivimos onde vivimos), pero cando menos deulle visitas en agosto, que ó blog agradécese.
ResponderEliminarInteresante a gráfica. España necesita mellorar en educación... qué sorpresa!!
Eu estiven vendo na wikipedia en cantos de eses países que lideran o ranking está o seu goberno en mans dun só partido, dos dez primeiros só en dous. Na categoría de "Political Environment" dos dez só un.
ResponderEliminarParéceme un reflexo de maior democracia a máis partidos con representación parlamentar e opcións de goberno.
A gráfica do teu post + bipartidismo + transición pactada co franquismo = Democracia española
ttp://colazo.blogspot.com/2010/08/gobernos-bipartitos-e-tripartitos.html