15/09/09

"MÁS CHULOS QUE UN OCHO"

Os Gobernadores dos Bancos Centrais Shirakawa (Xapón), Trichet (Europa) e Bernanke (USA), en Jackson Lake o 21 de agosto de 2009
Fonte: http://newshopper.sulekha.com


Os responsabéis hai un ano das políticas económicas en USA, Europa e Xapón siguen sorrindo un ano despois. Hoxe cúmplese o cabodano da quiebra de Lehman Brothers, o centenario banco de investimento americano, evento que ocupará un lugar destacado no estudo da economía e do capitalismo. A súa caída e o pánico que desatou puxo de manifesto as enormes fallas dun sistema que, froito do seu éxito, creuse invencible. Un sistema cada vez menos baseado no crecemento productivo e sosteníbel, e centrado cada vez máis na especulación financieira e na crenza de que "o sistema autorregúlase, o mercado nunca se equivoca e os controis son perxudiciais".

O evento foi un mal necesario: puxo a tódolos governos a funcionar, con medidas totalmente heterodoxas para o pensamento económico domiñante ata entón: nacionalizacións bancarias, intervención dos governos, tipos de xuro ó 0% e "expansión cuantitativa" da oferta monetaria (isto é, darlle a máquina de facer billetes sen preocuparse -de momento- pola inflación que poida xerar). Con iso, deuselle un papel relevante ó Keynesianismo por primeira vez en máis de 30 anos. E non só no económico supuso unha revolución: levou ó primeiro cidadán afroamericano á presidencia do país, derrubou o governo conservador no poder en Xapón por máis de 50 anos, puxo de manifesto que paises emerxentes como China ou Brasil serán potencias domiñantes neste século XXI e fixo que governos "de dereitas" como o francés e alemán, entre outros, aprobasen medidas económicas "de esquerdas" como subas de impostos ou expansión do gasto público para contrarrestar a caída da demanda.

Ocorre o mesmo en todo o mundo?

Non!

"Galiza no mundo". Fonte: http://thetranslatorscafe.wordpress.com


Unha pequena "aldea gala" no confín da Europa resístese a seguir o ritmo da Historia, muda un governo progresista centrado no desenvolvemento sostible (lei dos 500m, enerxía eólica galega, prohibir aberracións en Touriñan, etc.) por un governo que aseguraba ser capaz de rematar coa crise mundial en 100 días grazas á súa austeridade (reducción do gasto público que é xusto o contrario do que recomendan os Nobel Krugman e Stiglitz, e aplican os governos americano, alemán, francés, español, chinés, brasileiro.....). Austeridade que resultou ser equivalente a quitarlle os libros gratuitos ós rapaces pra darlle subvencións ós colexios de pago do Opus Dei, e a vender o concesionario de Audi do governo Fraga-Feijóo pra, coas rendas, pagarlle favores ó medio de comunicación que fixo posibel á súa volta a San Caetano.

Pero que non vos estrañe. Se algo caracteriza ó seu pensamento patrio (español, claro) perante a crise é seren "más chulos que un ocho". E senón me credes, non hai máis que botarlle un ollo ó comportamento do Ibex 35 dende a quiebra de Lehman Brothers ata hoxe:

Ibex vs. Dow Jones, comparativa a 1 ano. Fonte: www.invertia.com

Ó caer Lehman Brothers, o Ibex estaba en 11.000 puntos, case os mesmos (10.900) que o índice Dow Jones, representativo da economía americana. Hoxe, despois do enorme susto, o Ibex supera xa en case 500 puntos aquel nivel, mentras o principal índice internacional aínda vai -na súa paseniña recuperación- polos 9.600 puntos. Por ahi fora andan a pensar "brotes verdes sí, máis... vai a modiño, ho!". En España non. Como sabedes, España atravesa unha situación envidiabel: desemprego socialmente sostible, sistema financieiro transparente e sen trampas contables, e situación política de cooperación entre governo e oposición inmellorable.

Amén.

14/09/09

DOUS ARTIGOS EN EL PAIS

Hoxe simplemente vos vou recomendar a lectura íntegra (son algo longos, así que cando teñades tempo) de dous artigos -en castelán- publicados en El País nesta última quincena:

- ¿Qué fue de la leyenda negra? de Jose María Ridao, do 30.08.

- La penúltima oportunidad, de Josep Ramoneda, do 07.09

Un par de frases de ambos artigos a modo de exemplo:

"En lugar de retratar á Raíña Católica como o que foi, unha raíña que usurpou o trono do seu irmán Enrique á herdeira Juana, que desencadeou unha feroz guerra civil en Castela e que desmantelou o sistema institucional do reino pra asentar o seu poder ilexítimo, a historiografía nacionalista a exalta como a creadora do "Estado Moderno". En realidade, a raíña Isabel non fixo outra cousa que o que calquer tirano en calqueira idade e latitude: desmantelar as institucións que violentou e consolidar no seu lugar un artefacto político feito á medida da súa ambición".

"Algúns xuristas e medios de comunicación confunden legalidade con realidade, como se o que o que unha lei non autoriza non existise. Por moito que diga a Constitución, non hai lei que poida negar que unha ampla maioría do Parlamento catalán considere que Catalunya é unha nación".


Son afirmacións que podemos escoitar noutros ambientes, máis non na prensa española. Vale, é El Pais, non é o ABC, máis penso que pode ser tamén reflexo de que o "nacionalismo periférico", como lle din en Madrí, no seu traballo por botar luz sobre a historia e a realidade de España tamén está a conseguir os seus froitos.

12/09/09

FOTOS DA FEIRA FRANCA 2009 (2)

(continuación da primeira parte)


DÁNDOLLE GUSTO Ó CORPO QUE XA HAI FAME
!!

Cochiños e cordeiros durmindo prácidamente

Coitadiños...






Mesa pra un gran banquete

Na Praza do Teucro.






Todos listos pra xantar na Praza de Méndez Núñez

Algún seguro que empezou antes de tempo.






Porquiños ó espeto na Praza da Pedreira

Mira que vos avisei...






Comendo coma porquiños

Praza de Méndez Núñez






Máis banquetes

Por toda a Zona Vella e boa parte da zona peonil, xardíns, praza de touros...





Sardiñada na Alameda

E xusto enfrente...






Chourizos á brasa na Alameda

... un de "madrí" queixábase: "ej que el oló de laj sardinaj no va con er bocata xoriso, y mira que a mi me gujta er bocata xoriso, mari!"

(Vai levar unha hosss...)



"Os da carreta"

Se puxeran unhas empanadas a vender, qué ben farían...






Praza da Verdura

Todos sentadiños comendo, parecen formaliños e todo. Logo empezaría a festa...








100.000 PERSOAS

A Feira Franca de 2009 bateu tódolos récords de asistencia. Pontevedra estivo ateigada da mañán a noite, dende a Zona Vella ata a Alameda e a Praza de Touros. Comentaban algúns medios que se superaran os 100.000 participantes.

Ben, as cifras son difíciles de contrastar, máis aínda cando durante todo o día uns van e outros veñen... Porén, temos eiqui unha serie de fotos que vos poden facer unha idea de "cómo estaba la plaza?? Así!!". Non hai nin 50 minutos da primeira á última.


Avenida de Santa María

(coido que así se chama esta rúa detrás da Casa do Concello e diante da Basílica)

son as 19:38 da tarde, e imos de camiño á praza.



Exterior da praza de touros

Así estaba unha das portas ás 19;53 da tarde.

Nós xa levábamos por alí 10 minutos, as portas acabaran de fechar daquela. Iso quere dicir que dentro habería unhas 3.000 persoas, que coido será o que cabe no fedello ese.


Alameda

20:01 da tarde. A un lado...






Alameda

...e a outro.

20:01 da tarde, nos "campos de tiro".




Rúa da Michelena

Na zona nova da cidade, ás 20:13 tamén había xente por todas partes





Praza de Curros Enríquez

Entrados xa na Zona Vella, son as 20:17 e isto está ata arriba!!






Praza da Verdura

Onde vai que eiqui remataron de xantar, e xa están todos a bailar, animados por "Manolo o do bombo". 20:23 da tarde.





Praza da Leña

Igual que as veciña Prazas da Verdura e de Méndez Núñez, botou todo o día ateigada de xente.

Eran as 20:26.




E iso que non pisamos en todo o día lugares da Zona Vella como o Parador, o campillo, a zona da ponte do Burgo, e algún máis, que seguro tamén estiveron ata arriba de xente todo o día...



COUSAS

Cousas de nenos

Rapaces na Ferrería

O pai empurrando por eles. Estes dígovos eu que o vindeiro ano volven...





O rei-neno no castelo

Tan pequeno como era, non podemos asegurar se era Fernando III, Afonso IX, o Rei Dinís... eu qué sei!!






Paxaros

Na cetrería

Había máis paxaros na cetrería que "Palomo", máis...






Ravachol e Igrexa da Peregrina

... o único que se salvou da cetrería foi Ravachol, que non quixo perderse a festa pero quedou polos arredores da Peregrina por se acaso...





Músicos ou delincuentes?

Non todo ían ser gaiteiros...

A parella

Ía titulalo "o clarinete e a zanfoña", pero tampouco estou certo...






Os cornetas

Hai 3. Os cornos non me atrevín a preguntar de quen eran.






O reo

Tódolos anos conséguese capturar a algún delincuente de moita sona. Hai anos fora un pirómano, daqueles que deixaran os nosos montes esquilmados polo lume.

Este ano non temos confirmación, máis é de supoñer que será algún membro da Consejería de Heducación de la Junta de Frijol, responsable da política de "bilingüismo cordial" asesina de línguas.

Tamén incluìdo na sección "músicos ou delincuentes" porque berrar, o reo berraba de carallo...


Vistas

Aproveitamos, e xa que pasamos por alí, unha fotiño a dous dos monumentos máis representativos da nosa vila.

Basílica de Santa María








Basílica de Santa María









Ruinas de Santo Domingo









E despois de ver as fotos, agora dime: se non viñeches no 2009... verdade que contamos contigo no 2010?