19/09/10

O PRIMEIRO LIDER DO SÉCULO XXI

Pois non, non é Obama. Os próximos anos moito nos acordaremos do que conseguiu este obreiro fillo de labregos e representante sindical que chegou a presidente do Brasil entre a conmoción neoliberal e dos mercados financeiros internacionais, para ser recoñecido unánimemente só oito anos despois como o o líder mundial máis influinte dos últimos anos.

Pero o maior éxito de Lula da Silva é outro. Lula é un símbolo de que a política tamén pode ser honesta, algo moi significativo ante o descrédito que vive a clase dirixente.




Esta entrevista hai uns meses nunha televisión brasileira mostra unha persoa que dirixíu un país durante oito anos romper a chorar porque nunha recepción con 'moradores da rua' o que lle respostaron cando lles preguntou que lles querían pedir ao presidente foi "não queremos reivindicar nada, a maior conquista nossa é o fato de estar dentro do palacio, coisa que nos jamais pensar entrar".

O 3 de outubro celebrarase a primeira ronda das eleccións no Brasil, e Lula da Silva deixará de ser presidente o 1 de xaneiro. Agardamos que no futuro siga traballando por algunha causa noble para a humanidade, porque non podemos perder a un home asi.

----------
Podes estar ao día das eleccións brasileiras en http://eleicoes.uol.com.br/ e os principais jornais brasileiros.

2 comentários:

  1. Dicía onte Camilo Nogueira que 'temos que ter orgullo de que Brasil fale galego, os brasileiros falan un galego tan galego como o da Costa da Morte'.

    Non sei porque o di, se non se lle entende nada. Desculpade, vou ver se procuro un video con subtítulos...

    ResponderEliminar
  2. Ai Camilo, que Gran Presidente de Galicia tería sido. Sempre coas ideas claras, en positivo. Tivo os seus erros, por suposto. Pero ai ai, cando Esquerda Galega quedara no 85 por diante do Bloque, mágoa que no 89 este último sobrepasara ao partido de Camilo, polas razóns que foran.

    ResponderEliminar