15/09/10

NOVOS CAMIÑOS

Aviso a navegantes e despistados que aínda non se deran por enterados, este sábado celébrase en Santiago de Compostela o evento 'Novos camiños para a esquerda galega'.

Novos camiños para a esquerda galega. Fonte: 'renovarobng'


Evento organizado a título particular por xente ben coñecida da blogosfera galega, e que contará coa participación de ilustres do galeguismo como Beiras, Nogueira, Táboas, Bouza, Baamonde ou Bragado, entre outros. I entre eles, servidor, que agradece encarecidamente ós organizadores por invitarenme a participar e compartir inquedanzas con tan insignes nomes.

De seguro que será enormemente proveitoso o día, e desde aqui convidarvos a asistir. Será o vindeiro 18 de setembro na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, de 9:30h a 20h. Eu participo ás 13h na mesa sobre 'Política económica máis aló da crise', xunto cós profesores Xan López Facal e Xoan Doldán, Manuel Meira da CIG e Ínhigo Ansotegui de +G (se non ando errado).

Tedes toda a información do evento no blog 'renovarobng', blog ao que non lle viña de máis mudarlle o nome a outro máis acaido como 'renovarogaleguismo' ou algo polo estilo, que o BNG pouco ten que renovar xa. Ou como di o profesor Bouza no seu blog 'El voto con botas', i eu suscribo íntegramente:

"O BNG é a forza política que reorganizou o galeguismo desde unha perspectiva eficaz, e ese é un mérito innegable..., có que o galeguismo foi monopolizado pola esquerda. As clases altas e as novas clases medias son moito máis galeguistas que as vellas clases medias e que unha parte das clases populares de raíz rural próxima. O pecado orixinal do PSdG é ser un partido case nacido e madurado no franquismo, nada que ver có PSOE da República, e con todos os tics da época (ata hai pouco non potenciou en absoluto a língua galega); o pecado do BNG, ter como ideoloxía de fondo a mesma que deu vida á esquerda insurxente nos anos 60. Hoxe non é de recibo unha cousa así: limita extraordinariamente a comprensión da vida social e aparta o nacionalismo das novas clases medias, que buscan organizarse nesa pespectiva galeguista e modernizadora".

O que sabe, sabe. Falaremos de todo iso este sábado. Agardo veros por alí.

3 comentários:

  1. Por certo que o evento está a ter bastante difusión na prensa. Extraído do blog dos organizadores:

    * 13 de setembro: Beiras e Táboas buscan "novos camiños" ao nacionalismo (Xornal de Galicia)
    * 14 de setembro: A "U" négase de novo a reidear o futuro do nacionalismo (Galicia Hoxe)
    * 15 de setembro: Compostela acolle unhas xornadas "pola axenda propia da esquerda" (Xornal de Galicia)
    * 15 de setembro: Filipe Diez: "Pretendemos articular a militancia crítica que non acepta que o futuro do BNG se decida por arriba" (Galicia Hoxe)
    * 10 de setembro: +G se enfrenta a su primera gran crisis interna (LVG)
    * 13 de setembro: Qué pasa en Máis Galiza? (Galicia Confidencial)

    ResponderEliminar
  2. Así que o que sabe sabe, non si?, e logo cando se fundou o psDEg?. Non te apures.

    ResponderEliminar
  3. http://desfacendooscadullos.blogspot.com/2008_09_01_archive.html

    ResponderEliminar