17/09/10

JAVIER GÓMEZ NOYA TAMÉN FALA

Nesta sociedade onde son os medios de comunicación os que determinan de que se fala e de que non, a quen se admira e a quen se ignora, nomes como Gasol, Nadal, Contador ou por suposto a selección española de fútbol están día si, día tamén, nos medios de comunicación véndendolle a un país có 20% de paro e un estado de crispación política constante (e crecente cós anos) que 'que bonito es ser español, oiga'. Só nos falta poñernos a escoitar zarzuela.

Eses mesmos medios son os que ignoran tamén constantemente a Javier Gómez Noya, hai apenas unha semana proclamado por segunda vez campión do mundo de triatlón (probablemente a proba más completa do deporte, de ahi que se lles coñeza como 'ironman' aos seus practicantes). Pero para iso está o medio de comunicación máis democrático de todos, a internet, para recordarnos que nós tamén temos un campión do mundo que defende a nosa língua.





Probablemente noutros países con máis interese polo atletismo non pasaría tal cousa. E probablemente se Javier fose de Getafe ou Cadi, miarma, tampouco. Pero é o que hai, lle pese a quen lle pese: temos un campeón mundial que fala galego, defende a nosa língua, e defende a importancia e a utilidade na nosa língua eiqui, e no mundo. Parabéns Javier. Parabéns eufalo.

3 comentários:

  1. "Con portugueses e brasileiros eu falo galego e eles falan portugués, e entendémonos perfectamente". Radical independentista... Este es del bloque fijo!!

    "O principal é a educación. Ensinar ós rapaces os galegos desde novos". Bah! Otro impositor del gayego más. Si es que son una plaga, joder!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. No somos impostores do Galego. Eso seran los "Castejanos" Galicia Ceibe

      Eliminar
  2. Esto es una mentira, yo mismo lo vi, va el primero delante de todos y no tiene con quien hablar, eso le pasa por hablar el gallego, y luego, le dicen todos, anda, anda, vete de ahí corriendo, y el tio no para. Si hablase castellano seguro que iba más tranquilito en medio del pelotón.

    "Gústame falar en galego, sinto que estou na casa cando falo galego".

    Grazas Javier.

    ResponderEliminar