28/06/09

PATRIMONIO DA HUMANIDADE

O pasado sábado a Torre de Hércules da Coruña acadaba o título da UNESCO como Patrimonio da Humanidade.

Aproveitamos esta excelente nova para recapitular os bens de Galiza e Norte de Portugal que teñen acadado, ata o día de hoxe, esta notable distinción:

- Centro Histórico de Santiago de Compostela, dende o ano 1985.
- O Camiño de Santiago, no ano 1993.
- Centro Histórico de Porto, no ano 1996.
- As Médulas, explotación aurífera romana no Bierzo galegofalante, no ano 1997.
- Grabados paleolíticos do Val do río Côa, en Trás-os-Montes e Alto Douro, no ano 1998.
- As murallas romanas de Lugo, no ano 2000.
- Rexión vitivinícola do Alto Douro, no ano 2001.
- Centro Histórico de Guimaraes, a primeira capital de Portugal, Patrimonio da Humanidade tamén dende o 2001.
- E a última en incorporarse, no ano 2009, a Torre de Hércules, faro romano en funcionamento máis antigo do mundo.


A lista complétase con outros 9 Patrimonios da Humanidade no resto de Portugal, entre os que a Torre de Belem e Sintra en Lisboa son quizais os máis recoñecidos internacionalmente. Podedes visitar a lista completa de bens declarados Patrimonio da Humanidade na web World Heritage da UNESCO.

2 comentários:

  1. non direi cal é a mellor de todas, só direi que está en L...a Coruña :P

    ResponderEliminar
  2. Pero se ti eres de Lujo!!

    ResponderEliminar