Poucos son hoxe os que coñecen a historia dun territorio independente entre Galiza e Portugal, pseudorepública que abrangueu sete séculos de historia, dende a Idade Media ata hai pouco máis dun século. Formado polos actuais Couto Mixto (os lugares Santiago, Rubiáns e Meaus) na Galiza, e os Pobos Promiscuos (Soutelinho da Raia, Lamadarcos e Cambedo) en Portugal, constituía un territorio autónomo que na práctica non dependía nin de España nin de Portugal.
Os seus habitantes non pagaban impostos a ningún dos dous reinos, podían comerciar libremente e sen impostos no chamado Camiño Privilexiado, non aportaban homes a ningún exército, podían dar asilo aos fuxidos da xustiza española e portuguesa -dado que as autoridades de ambos paises non podían entrar no Couto sen autorización-, e rexíanse polas súas propias normas contando con un xuiz propio, elexido pola veciñanza, que era a máxima autoridade gubernativa, administrativa e xudicial.
As razóns da orixe de Estados europeos como Andorra, San Marino, Mónaco, Luxembugo ou Lietchestein non son moi diferentes das que orixinaron o Couto Mixto, e probablemente a falla dunha dinastía é a causa de que hoxe non exista tal República. O Couto Mixto foi abolido o 23 de xuño de 1868 por mor do acordo entre España e Portugal de 1864, no Tratado de Lisboa.
Podedes atopar máis información nas seguintes ligazóns:
- Couto Mixto, na wikipedia galega.
- "Couto Mixto, unha república esquecida", por Luis Manuel García Mañá e Xurxo Lobato.
- Artigos en El Pais, "La república independiente del Couto" e no Faro de Vigo "O Couto Mixto, un caso único en Europa".
- Casa rural do Couto Mixto: www.coutomixto.com.

Se se permite un inciso publicitario dun arraiano direivos que o Couto Mixto é unha fermosa paraxe entre Galiza e Portugal que recomendo visitar. E se vos queda tempo, podedes continuar a visita polo Parque Natural da Baixa Limia – Serra do Xurés, recentemente declarado Reserva da Biosfera e moi próximo á República do Couto Mixto.
ResponderEliminarAgora que se achega o verán hai que publicitar os destinos turísticos propios.
Velaí a ligazón á web do Xurés: http://www.parquenaturaldoxures.com/
ResponderEliminarAdemáis, é unha boa idea para un futuro artigo. Grazas meu!!