Co gallo da celebración do 25 aniversario da chegada dos restos de Castelao á Galiza, facemos estrea dos blogs "Menos mal que nos queda Portugal" (en galego) e "Alem do Minho" (en portugués). Blogs que pretenderán ser un punto de contacto para o mutuo coñecemento das realidades económicas, sociais e lingüisticas de ambos lados da "raia", proceso no que teñen moito que gañar ambas sociedades.
E que mellor xeito de comezar o noso mutuo coñecemento que lembrando á mais grande figura do pensamento galeguista. O 28 de xuño cúmplense 25 anos dende que Alfonso Daniel Rodriguez Castelao descansa no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, xunto a insignes da cultura galega como Rosalía de Castro ou Ramón Cabanillas.
Non está tampouco de máis lembrar como recibía un auténtico batallón de policía, porra en man, á xente que agardaba o cadaleito de Castelao berrando "Galiza ceibe, poder popular", a partir do minuto 1:00 do video, acusando ás autoridades de que "os que o exiliaron agora fanlle honores". Ou a valentía de Tareixa Navaza pra ler en directo en TVE extractos da súa obra: "Galiza é unha Nación. Si é unha Nación, ten dereito á súa autodeterminación". Costoulle o posto ao director de TVE en Galiza e a Navaza sufrir acoso laboral na televisión pública. Viva a liberdade de prensa.

primeiro :P
ResponderEliminar