03/11/10

O DRAMA (HISTÓRICO) DO PORTO EXTERIOR

Por favor, non deixedes de ler o artigo de hoxe en Capítulo 0, 'O drama (histórico) do porto exterior da Coruña'. Hai 5 anos atopouse no lugar das obras de Punta Langosteira "a primeira factoría fortificada da Idade do Bronce localizada na Europa atlántica", pero o achado silenciouse á sociedade e desmantelouse para continuar coas obras. Seguen a roubarnos a nosa historia. E máis grave aínda, por motivos especuladores. Que rule, por favor.

Vista aérea do achádego. Fonte: www.manuelgago.org


"como mínimo hai que facer unha reflexión sobre a xestión política da arqueoloxía neste país. Sobre a ocultación, sobre unha xestión de patrimonio de despacho, sobre decidir sobre o patrimonio de costas aos cidadáns que o financian, sobre a dignidade da nosa Historia. O que aquí pasou foi terrible, propio do máis taimado construtor especulador; a diferencia é que foi financiado, silenciado e decidido por institucións públicas, que actuaron en connivencia para que o achado máis importante da arqueoloxía galega das últimas décadas non creara problemas a unha obra, o Porto Exterior coruñés, na que confluían numerosos intereses políticos, mediáticos e económicos. É un dos capítulos máis vergoñentos da nosa arqueoloxía recente, pero ninguén pedirá responsabilidades por el. . Aquí queremos horrorizarnos con este silencio das Administracións que actuaron en connivencia, sabendo que tiñan unha pataca quente nas mans, que decidiron sobre os bens públicos sen contar cos cidadáns".

1 comentário:

  1. o acontecido é un escándalo
    cada vez que nos falan da desfeita do franquismo, das súas cacicadas dicimos: naqueles tempos, xa se sabe. Nada se podía dicir e así...
    Pois non señores, hoxe vemos que estamos igual de fodidos. Uns por cartos e outros por intereses prostitúen galiza
    así nos vai

    ResponderEliminar