Acabo de decatarme que non publiquei no blog o (pen)último artigo no Xornal, así que aproveitando que hoxe falo de 'La Coruña' e demáis tocada-de-webos do neofranquismo español que tan subidiño nos anda ás barbas últimamente, publico eiqui os dous.
Como sempre, eiqui nos títulos orixinais (habitualmente publicados como tal no xornal en papel)
Como sempre, eiqui nos títulos orixinais (habitualmente publicados como tal no xornal en papel)
'Al gusto del consumidor'.
Por certo, sobre o neofranquismo que nos invade leva uns cantos días escribindo Fermín Bouza (eiqui o último post, 'la que se nos viene encima'). O certo é que algúns 'argumentos' que hai que aturar polos medios de comunicación-adoctrinamento de sempre son realmente alucinantes, pero nos (eu) somos máis xóvenes e relativizamos estas sandeces. En cambio, xente como Bouza e outros (que tiveron que aturar esta mesma escoura en anos cando dicir cousas como as que digo eu neste blog serían motivo suficiente para ir á cadea ou recibir unha somanta de hostias que che deixase na cuneta) é lóxico entender o arrepío que lles produce. Non deixedes de seguir a Bouza estes días, paga moito a pena, como de costume.
E finalmente, o artigo de hai unhas semanas, sobre o fiasco do (excelente) concerto MTV Galicia 2010.
Gratuidade eficiente, gratuidade ineficiente
o de A Coruña está a ser de psiquiátrico. Sorprende que dende conxo non se fagan aportacións e análises. Será posible que a política na galiza teña tocado fondo? De verdade non son quen de entender o que é a toponimia? Co oficialidade, din. Que cooficialidade hai en "La Coruña"?
ResponderEliminarSerá Desván de los Monjes a súa próxima teima?
Non nos limitemos a nomes de vilas. Se ves os comentarios en Xornal, dedícanme perliñas como tarado, fascista, golpista, etc. Entón, aplicando a lóxica de que todo está suxeito ó que lle pete á xente, e quen non estexa dacordo é un tarado-fascista-golpista, pois temos que:
ResponderEliminar. os nomes das rúas do meu barrio os eleximos os do barrio en referendum. Se unha colonia de alemáns en Formentera decide cambiar o nome por Würzburg, ben feito. Quen se opoña é un fascista.
. o meu médico de cabeceira o elixo eu en referendum. o mesmo para calquer outra especialidade. Se non me deixan, son uns fascistas.
. o trazado dunha estrada / camiño de ferro / etc o decide a xente. Eso si, pola miña leira por suposto que non vai pasar. As expropiacións de terreos son exemplos de fascismo comunista nunha sociedade que loita pola súa liberdade.
. por suposto, faltaría máis, cada un que faga a súa casa onde lle pete e como lle pete. O feismo urbanístico galego é unha excelencia á liberdade individual que temos que exportar ós europeos burricáns. Quen non o entenda é un fascista.
Bueno, non sigo que me da a risa. Pero podemos ampliar esta lista de exemplos e reivindicalos en todos os foros. Non podemos deixar que os lacoruñentos nos gañen en 'apóstoles da liberdade'.
Saúdos.
Nao se zangue Sr Caralhadas. As opinións están aí porque son opinións, e o que escribe sabe que pon a cara a risco de "que lla partan". Por outra parte, "Ladran, Sancho, luego cabalgamos".
ResponderEliminarSaudaçoes.
.........Xosé Ramón.