08/10/10

FRIOL, 1979

Impagable documento o recollido esta semana no blog terrasdefriol.blogspot.com. A vida duns rapaces nunha aldea galega (pareceume ver a Balbino no video?), aló polo ano 1979, emitido daquela por RTVE. Son o único que pensa que ese país xa non existe? Moito mudamos, xa o dixen noutra ocasión... o sorprendente é que teñamos mudado tanto en tan pouco tempo.




'Unha cápsula de tempo da Galiza de fins dos anos 70' a define Diego, que nos envía a ligazón.

"Hai partes que poden lembrar algunhas cousas da vosa infancia. Eu, por exemplo, lembro que tiña mestras moi parecidas cando era máis pequeno (afortunadamente deixei de telas), e que a xente falaba o castelán moito peor (agora iso é o que pasa co galego, e aínda hai castelanfalantes que se queixan). Os que sodes de zonas rurais veredes que moitas cousas poden ser doutro xeito, outras igual non. Ante todo hai unha cousa que me incomoda do vídeo e rápido o descubriredes: TVE, igual que fai agora, describe unha Galicia na que se sabe que se fala galego, pero pouco se demostra (e, pola contra, nese video a maioría serían galegofalantes). En calquera caso, unha cápsula do tempo da Galiza de fins dos anos 70".


Grazas a Diego, e ao blog terrasdefriol.blogspot.com por ter subido o video á rede.

1 comentário:

  1. Eu concordo no tema do idioma máis todo o video deixa ver moi ben que o español é o idioma imposto. Esta é a miña infáncia para ben e para mal. Eu o que máis destacaría do video é que para unha persoa neutral de todo deixaría ver moi claramente a existencia dun pobo diferente cuns rasgos moi definidos dunha NACIÓN.

    ResponderEliminar