Internet é un deporte de inverno. Quizais non tanto, pero desde logo, non se lle da moi ben o vrao.
Eu despois de máis dun ano seguido tamén vou pedindo unha paradinha, así que durante un par de meses non publicaremos, ou como moito se cadra non máis que para facer algún apuntamento interesante.
Como por exemplo, esta conversa que publican hoxe en Xornal có pai de Manu Chao: "É curioso, entrei en Radio France porque falaba galego. Atopara un anuncio no que solicitaban un colaborador que soubese español, portugués e música, para ser ilustrador sonoro das emisións. Ao falar ben o galego dixen que era portugués, e entrei sen problemas".
Parécese moito á miña historia persoal que xa contei aqui, e que esperemos, con cousas como esta, vaiamos perdendo o noso habitual complexo de inferioridade.
Ata setembro.

Teña un bo verán. Visitaremos este blog máis adiante, a ver se para entón esta vaga patriotera españolista nos deixa acougo. Estaremos alí
ResponderEliminar