Agora que andan (por fin) a sociedade, os políticos e os medios de comunicación revoltos porque parece que a xuventude finalmente reaccionou, e agora que a xunta electoral decidiu que a xornada de reflexión é un dereito máis fundamental que os dereitos de reunión, de liberdade de expresión ou de manifestación, teño que recoñecer que para min vai ser a primeira vez que chego a ese día, o día previo á xornada electoral, con necesidade de reflexionar a quen votar.
Hai tempo que tiña decidido o meu voto nestas eleccións. Votarei ao partido que hoxendía representa a miña maneira de pensar, de entender a sociedade, capaz de defender os meus intereses, do único partido no que creo poder confiar: ningún en absoluto. Así que decidín que o domingo votaría en branco. Sería a segunda vez que decidía activamente 'pasar' das opcións que se nos plantexaban para escoller (a outra vez foi no referendum dese pitorreo ao que lle puxeron o nome de Constitución Europea, e no que decidín quedar na casa, básicamente porque non entendía como ninguén podía votar sí ou non a algo que non leron nin entenderon). Pero desta vez quería, có meu voto en branco, non quedar na casa e manifestar activamente a miña posición.
Fonte: paolalopez.blogspot.com
O problema veu cando, esta semana, no medio do debate sobre as manifestacións do 15-M, caín na conta dun detalle: con esta lei electoral, votar en branco é darlle o teu apoio ás forzas maioritarias. Os votos en branco non teñen dereito a "representación parlamentaria", pero sí computan á hora de decidir que partidos minoritarios quedan fora do Parlamento ou do Consistorio (menos do 5% dos votos escrutados, incluído os votos en branco). "Así que un elevado voto en branco significa elevar o número de votos precisos para chegar ao 5% do total, o que dificulta a representación dos partidos minoritarios".
Ás vantaxes que a Lei D'Hont, e sobre todo o reparto da circunscripción electoral en provincias, lle proporciona a PP e PSOE, súmaselle a imposibilidade de discrepar. Publiquei no seu dia en renovarobng.blogaliza.org un resumo de cales serían os resultados nas últimas 6 eleccións ao Parlamento Español se a circunscripción electoral fose única e todos os votos de todos os cidadáns contasen o mesmo. O resultado: PP e PSOE beneficiáronse elección tras elección en 20 escanos de máis cada un, e os votos perdidos polos partidos minoritarios (BNG, PA e sobre todo IU) fixo que o electorado fose tendendo, elección tras elección, a optar por un sistema bipartidista (a suma das porcentaxes de voto a PP e PSOE sube elección tras elección desde a desaparición de UCD). Pois agora, máis aínda, se queres decirlle a 'Negrera', Losada e Carril que se vaian a paseo os 3 (é a primeira vez que voto na Coruña, recoñezo que se seguise empadroado en Pontevedra tería claro o meu voto, a pesar de ser o BNG unha casa de putas a nivel nacional), votar en branco só sirve para poñerlles as cousas máis doadas ós 3.
Unha razón máis para apoiar as demandas dos manifestantes do 15-M, e en concreto, 4 cambios no modelo de democracia representativa que hai que EXIXIR modificar: Listas abertas, circunscripción única, 'unha persoa un voto' e maior participación cidadá directa nas decisións políticas a través dos novos sistemas de comunicación. Estas reclamacións que buscan converter a democracia representativa noutra participativa son esenciais para que empecen a mudar algo as cousas, máis que as reclamacións de tipo económico tipo 'quen paga a crise', o modelo de estado de benestar, etc., porque éstas serán defendidas a consecuencia de ter conseguido aquelas, e non ao revés.
p.d.: por certo, o domingo intúo que votarei á opción minoritaria que me entre polo ollo no último minuto, xa veremos cal, pero non me convencen ningunha das leiriñas do galeguismo de centro-dereita, nin os verdes en coalición con EU, nin nada de nada miña nai como está o panorama...
Unha razón máis para apoiar as demandas dos manifestantes do 15-M, e en concreto, 4 cambios no modelo de democracia representativa que hai que EXIXIR modificar: Listas abertas, circunscripción única, 'unha persoa un voto' e maior participación cidadá directa nas decisións políticas a través dos novos sistemas de comunicación. Estas reclamacións que buscan converter a democracia representativa noutra participativa son esenciais para que empecen a mudar algo as cousas, máis que as reclamacións de tipo económico tipo 'quen paga a crise', o modelo de estado de benestar, etc., porque éstas serán defendidas a consecuencia de ter conseguido aquelas, e non ao revés.
p.d.: por certo, o domingo intúo que votarei á opción minoritaria que me entre polo ollo no último minuto, xa veremos cal, pero non me convencen ningunha das leiriñas do galeguismo de centro-dereita, nin os verdes en coalición con EU, nin nada de nada miña nai como está o panorama...
Hai pouco tempo a alguén que me dicía "TOda a culpa é de Zapatero!", eu lle respondín: "Non, toda a culpa é de Dominique Strauss-Khan! (e de Rato)!". A respota foi: "e quen é ese?".
ResponderEliminarAgora seguro (?) que moitos coñecen quen é ese señor, o cal non deixa de ser lamentable. En definitiva, "panem et circenses"
Hoxe en día a clave non está na política (é só unha tapadeira). Os verdadeiros gobernantes son os poderes económicos e mediáticos. Como, se non, se entende que vostede acabe de descubrir o papel que xoga o voto en branco?. Non se debería supór que un cidadán español, a estas alturas, xa o debería saber?
Por outra banda, agora o que tocan son as eleccións municipais e aquí, creo, que o que un cidadán (informado) ten que facer é votar por aquel partido (non votamos persoas) que nas súas actuacións dos últimos catros anos teñan defendido as ideas que coinciden máis coas propias (a perfección total non existe). Exemplo: carballos/eucaliptos; cidades peonís e carril-bus/coches; espazos verdes/construción e máis construción; preservación do patrimonio/destrución; pequeno comercio/grandes superficies comerciais.....
ResponderEliminarClaro que iso esixe estar informado e, recoñezo, a prensa "oficial" dos dous grandes partidos pono moi, moi difícil. Pero hai outras vías e formas.
David, ao dicir esas "leiriñas de centro-dereita", que obviamente apuntas directamente a Converxencia XXI na Coruña, demostra que tes unha falta de información brutal. É unha pena que verdadeiramente non te tiveras informado mellor, e por coñecidos teus que te poden dar información de primeira mán sobre C.XXI non sería. E cónstame que houbo máis dun que o fixo.
ResponderEliminarAsí normal que non te pareza ningún bo, é que ao mellor es ti o que non te preocupas por informarte.
Converxencia XXI xa deixou claro, en menos de 2 anos, que non é outra "pachanga de centro galeguista". E menos de "centro-dereita", como erroneamente dis.
Que pena a túa falta de información. Flagrante no caso dun home que dá aulas na universidade.